PLENO
O pleno aproba unha moción conxunta para instar ás entidades bancarias a que manteñan abertas ao público as súas oficinas
O pleno do concello de Santiago, que comezou cun minuto de silencio polas vítimas de violencia machista; aprobou unha declaración institucional de apoio ao Camiño Inglés para que sexa recoñecido como Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO. Tamén deu luz verde a unha moción de urxencia conxunta, presentada por todos os grupos municipais, para instar ás entidades bancarias a que manteñan aberta ao público as súas oficinas.
TURISMO
Santiago participa como caso de éxito na feira DestinaXtion – Connecting Tourism Players
A xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, participou na Feira DestinaXtion – Connecting Tourism Players, organizada por Turobserver, que ten por obxectivo dinamizar a internacionais, conectando aos seus responsables con turoperadores, axencias, aerolíñas e provedores tecnolóxicos, entre outros actores do sector.
EDUCACION
Ábrense as inscricións para participar nas actividades dos "Sábados Abertos" no espazo educativo e de lecer María Miramontes
Xa están abertas as inscricións para participar nas actividades dos "Sábados Abertos", no espazo educativo e de lecer María Miramontes. O vindeiro sábado, día 2 de outubro a ludoteca abre as súas portas a nenos e nenas de Compostela, con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos de idade.
TURISMO
Santiago acolle, durante tres días, a rodaxe da película "Un home de acción"
Santiago de Compostela será escenario, desde hoxe e ata o 1 de outubro, da rodaxe da película "Un home de acción". As zonas afectadas son Salvador Parga, Praza San Agustin, Rúa das Ameas, Rúa San Francisco, Praza do Obradoiro e parque da Alameda. Todas son áreas de preferencia peonil, sendo mínima a súa afectación o tráfico.
MOCIDADE
O alcalde visita os novos locais de ensaio do Centro Xove de Creación Cultural
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou hoxe os novos locais de ensaio do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga. Son tres locais de ensaio equipados con batería, dous amplificadores de guitarra, un amplificador de baixo, dúas caixas autoamplificadas con mesa de mestura propia e dous micrófonos e pés de micrófono, que se completan cun estudo de grabación con mesa de son, ordenador e software propio.
EMPREGO
Entrega de diplomas ao alumando do Obradoiro de Emprego Creas III
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; e Judith Fontenla, xefa territorial de Emprego e Igualdade en Xunta de Galicia; asistiron o acto de clausura e entrega de diplomas do "Obradoiro de Emprego Creas III" que en 2021 desenvolveu o proxecto "Xiro dos Montes de Compostela".
POLITICAS SOCIAIS E SAÚDE
A campaña de Alcer Coruña, "Doar é doado", na que colabora o Concello, informa ao estudantado da USC sobre a importancia da doazón de órganos
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, participou hoxe na campaña informativa "Doar é doado", que leva a cabo Alcer Coruña, cun doble obxectivo: agradecer a solidariedade das persoas doantes de órganos; e informar sobre hábitos de vida saudables e como a doazón de órganos salva vidas. Neste momento, segundo recorda Alcer, en Galicia, unhas 300 persoas están á espera dun órgano.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Reunión de coordinación policial na que se acordou reforzar os dispositivos de seguridade en función das previsións de aglomeracións detectadas polos responsables de cada corpo
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; mantiveron unha reunión de coordinación para analizar a situación despois dos últimos incidentes rexistrados na cidade e vinculados ao lecer nocturno da mocidade. Durante a mesma, Rivas insistiu na vontade de traballar conxuntamente co Goberno local para garantir a seguridade cidadá na capital de Galicia.
EDUCACIÓN
O 8 de outubro remata o prazo para presentarse aos premios Educacompostela
Ata o 8 de outubro está aberto o prazo para presentarse á "XIII edición dos Premios Educacompostela de recursos educativos en prol da innovación da calidade educativa e da renovación pedagóxica". Sobre esta convocatoria informaron hoxe, en rolda de prensa, o concelleiro de Educación, Rubén Prol; e Xesús Lastra, presidente de Nova Escola Galega.
DEPORTES
Santiago acolle, o 2 de outubro, a terceira etapa da 9ª Marcha Ciclista Unificada Special Olympics Galicia
Santiago de Compostela acollerá, o vindeiro 2 de outubro, a terceira etapa da 9ª Marcha Ciclista Unificada Special Olympics Galicia, para persoas con discapacidade intelectual. Será un percorrido de 21,2 quilómetros polo centro da capital de Galicia, que sairá do Centro Sociocultural das Fontiñas, para rematar no mesmo lugar. Un evento que se completará con outras tres probas en Baños de Molgas (Ourense) o 30 de setembro, Guitiriz (Lugo), o 1 de outubro; e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), o 3 de outubro.