PROMOCIÓN ECONÓMICA

A III Feira de Emprendedoras, hoxe e mañá no claustro do Pazo de Fonseca

29/10/2021

O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago (USC) organizan de novo a Feira de Emprendedoras de Compostela, unha feira que quere visibilizar as mulleres emprendedoras que están creando tecido empresarial innovador, con valor engadido, na comarca de Compostela. Este ano vai dirixida ás universitarias da USC aínda que a feira está aberta a toda a cidadanía. Esta mañá foi inaugurada polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o reitor da USC, Antonio López.

CONSORCIO

A Casa do Cabido acolle unha exposición que percorre os 90 anos de historia do emblemático Café Derby, referente cultural en Compostela

29/10/2021

A exposición "Memorias do Café Derby (1929-2020)", patrocinada polo Consorcio de Santiago, presenta documentación e imaxes inéditas do Café e unha recreación do espazo orixinal, con algúns dos elementos mobles como mesas, lámpadas ou cadeiras, nas que se sentaron intelectuais ilustres como Valle-Inclán, Seoane, Maside, Carvalho Calero, Torrente Ballester, Colmeiro, García Sabell, Casares, Manuel María ou Castelao. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou a mostra esta...

EMPREGO

A nova edición de Talentia Summit 2021 comezará o 15 de novembro

29/10/2021

Talentia Summit 2021 estende a súa duración desde o 15 ata o 26 de novembro cun formato híbrido: tanto presencial como online. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo técnico de Emprego, Xavier Ferreiro, deu conta dos detalles desta edición en rolda de prensa.

CONSORCIO

A Fundación Laboral da Construción e o Consorcio de Santiago clausuran o Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación 2021

29/10/2021

A Fundación Laboral da Construción e o Consorcio de Santiago clausuran hoxe ás 17.00 h no Centro de Referencia de Formación en materia de Rehabilitación de Pontepedriña de Arriba (Romaño) o Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación dirixido a profesionais, técnicos e xefes de obras coa necesidade de adquirir ou ben actualizar os seus coñecementos en materia de conservación, restauración e rehabilitación. O acto contará coa participación da...

PLENO

O Pleno acorda nomear "rúa Irmás Fernández de la Vega" ao novo viario xurdido da adecuación do Campus Sur no ámbito da Cidade da Saúde

28/10/2021

A Pleno da Corporación aprobou unha declaración institucional coa que quere render homenaxe ás irmáns Fernández de la Vega e na que se recolle a petición do reitor da USC, Antonio López, de bautizar co seu nome o novo viario do Campus Sur construído entre as estradas de San Lourenzo e de Noia, no ámbito da Cidade da Saúde. Na mesma sesión, o Pleno tomou coñecemento da presentación do DAE da modificación puntual do PXOM no ámbito do PERI-12 (antiguo Colexio Manuel Peleteiro).

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Conxo celebra a Festa das Cabazas o sábado 30 de outubro

28/10/2021

O vindeiro sábado, 30 de outubro, a praza Aurelio Aguirre de Conxo acollerá a partir das 18.30 h a Festa das Cabazas, organizada pola Coordinadora de Festas Tradicionais de Conxo, da que forma parte o centro sociocultural do barrio.

Compartir: