CULTURA
O Teatro de Marionetas do Porto converte o Teatro Principal nun cabaré melancólico inspirado nos anos cincuenta
O Festival dos Abrazos pecha o seu espazo para as artes escénicas cun espectáculo dunha das compañías de monicreques máis recoñecidas en Europa, o Teatro de Marionetas do Porto, que representa a súa peza Cabaret Molotov. A función terá lugar no Teatro Principal o venres 28 ás 20:30 horas.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O obradoiro "Falando en verde" ofrece aos máis pequenos a posibilidade de descubrir en galego o seu contorno natural
Falando en verde é o título do obradoiro ambiental e de descuberta do noso contorno que xa se impartiu do 22 ao 26 de xuño na Casa das Asociacións (Cornes). Do 1 ao 9 de setembro celébrase a segunda entrega deste taller, organizado pola Concellería de Participación Cidadá e Normalización Lingüística e impartido por Ventos, Estudos Ambientais. Está aberto o prazo de inscrición para este obradoiro, no que poden participar rapaces de 6 a 12 anos.
EMPREGO
Promoción Económica impartirá dez cursos en setembro e outubro para o alumnado do Crear VI
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo impartirá en setembro e outubro dez cursos para dar resposta as demandas de capacitación e formación das 100 persoas que participan no Proxecto Crear VI, (60 homes e 40 mulleres) que se desenvolverá ata abril de 2010.
EDUCACIÓN
Todo listo para a edición de setembro da Escola Municipal de Verán
A oitava edición da Escola Municipal de Verán abre as súas portas na súa convocatoria de setembro. Nos días previos ao comezo do curso escolar, preto de 300 rapaces por día terán a oportunidade de participar nun programa cunha completa oferta lúdica e educativa. Será os días 2, 3, 4, 7, 8 e 9 de setembro nos colexios López Ferreiro, Pío XII, Fontiñas e Colexiata do Sar.
EDUCACIÓN
Preto de 12.000 persoas visitaron xa a exposición "Chaplin en Imaxes"
Ata o 30 de agosto permanecerá aberta na igrexa da Universidade a exposición Chaplin en imaxes. Tamén ata esa data continúan desenvolvéndose visitas didácticas a esta mostra, nas que xa participaron máis de 500 nenos e mozos. Unhas 12.000 persoas visitaron en total a exposición.
ALCALDÍA
Santiago acollerá varias reunións de máximo nivel durante a presidencia española da Unión Europea
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co secretario de Estado para a Unión Europea, Diego López Garrido. Na mesma, constatouse que Santiago será unha cidade cun especial protagonismo durante a presidencia española da UE, do 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2010.
CULTURA
A Orquesta Chekara de Tetuan e os Jóvenes Flamencos protagonizan un novo encontro entre culturas na praza da Quintana
O Festival dos Abrazos segue provocando na súa recta final encontros entre disciplinas, entre o patrimonio monumental da cidade e a arte e entre culturas. O xoves 27, a praza da Quintana será o escenario dunha das actuacións destacadas desta segunda edición do festival, a da Orquesta Chekara de Tetuan cos Jóvenes Flamencos.
CULTURA
Último mércores do Festival dos Abrazos coa danza contemporánea da compañía Erre que Erre e o piano de João Afonso
A danza contemporánea atopa de novo como lugar idóneo un dos "espazos íntimos" propostos polo Festival dos Abrazos. No último mércores de Crea(c)ción en Aberto en Compostela, xa na recta final do festival, a recoñecida compañía barcelonesa Erre que Erre exhibe no xardín de Fonseca a súa peza No solo (de neuronas vive el cerebro enamorado), interpretada por Mariangeles Angulo e Mario G. Sáez.
ALCALDÍA
As obras nas rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire cambian radicalmente a imaxe urbana do barrio de Conxo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras reurbanización do tramo que comprende a avenida de Vilagarcía e as rúas García Prieto e Sánchez Freire, no barrio de Conxo, financiadas polos Fondos de Inversión Local (FIL). Estas obras supoñen unha substancial mellora da calidade urbana desta vía, entre Romero Donallo e a rotonda de Conxo, que contará con amplas beirarrúas, zonas verdes e mesmo dúas praciñas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Servizo de Apoio á Empresa de Promoción Económica atendeu 170 consultas no que vai de 2009
O Servizo de Apoio á Empresa (SAE) da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo atendeu consultas de 170 persoas no que vai de 2009. A maioría destas persoas solicitaron información sobre varios aspectos relacionados coa constitución dunha empresa.