BENESTAR SOCIAL
Os composteláns xa poden intercambiar os seus servizos e coñecementos no Banco Municipal do Tempo
O Concello de Santiago, a través da Concellería de Benestar Social e Muller, pon en marcha o Banco Municipal do Tempo. Esta iniciativa promove o intercambio de servizos, actividades e coñecementos entre a poboación.
ALCALDÍA
O alcalde visita o Fogar Español e departe con emigrantes galegos en Montevideo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o Fogar Español, onde residen 211 emigrantes españois de escasos recursos económicos, dos que arredor dun 80% son galegos. O Fogar conta tamén cun centro de día que atende a 34 residentes temporais, cuxas prazas son financiadas pola Fundación Galicia Emigración. Nos últimos anos o Fogar experimentou un cambio importante en canto a infraestruturas e acondicionamento.
TURISMO
Santiago será protagonista do programa brasileiro "Vai pra onde?"
A Santiago de Compostela Film Commission (SCFC), servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como plató de rodaxe, está colaborando con Vai pra onde?, un programa de viaxes de referencia na televisión brasileira, para a rodaxe dun capítulo dedicado a Santiago de Compostela. O programa estreouse no ano 2007 e, dado a súa boa recepción por parte da audiencia do Brasil, está xa na súa terceira tempada. O programa gravarase na cidade entre o 21 e o 23 de maio.