EDUCACIÓN
Ábrese o prazo para os premios Educacompostela
A Concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, presentou a 3ª edición dos premios de investigación e recursos didácticos Educacompostela e a campaña de sensibilización "Navegando entre culturas".
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibe ao Presidente da Confederación Hidrográfica do Norte
A Casa do Concello de Santiago acolleu a visita do Presidente da Confederación Hidrográfica do Norte.
ORZAMENTOS 2005
Barrios e zona rural centran os investimentos no ano 2005
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, aproba o proxecto de orzamentos para o ano 2005.
EDUCACIÓN
Inaugúrase a campaña de animacion á lectura "Palabras no bosque"
O venres 1 de abril terá lugar o acto de apertura da Campaña de animación á lectura "Palabras no Bosque", ás 11.30 na Galería Sargadelos.
EIXO ATLÁNTICO
Sánchez Bugallo participa na inauguración do Congreso sobre os segundos estudos estratéxicos do Eixo Atlántico
Na súa intervención, o Alcalde de Santiago advertiu do risco que corren as comunidades periféricas que integran o Eixo Atlántico, como Galicia ou o Norte de Portugal, de ver acentuado ese mesmo carácter periférico nos próximos anos na medida en que os fondos estruturais europeos revertan nas rexións dos países recentemente incorporados á Unión Europea.
EDUCACIÓN
Comeza a V Campaña de Animación á Lectura
Baixo o lema de "Palabras no bosque", a nova campaña de Animación á Lectura alberga diferentes propostas dirixidas ao profesorado, aos nenos e aos pais.
FUNDACIÓN GRANELL
Un taller achegará aos nenos á obra da artista Joanna Domanska
O departamento pedagóxico da Fundación Granell organiza para os días 30 e 31 de marzo un obradoiro dirixido aos máis pequenos na sede desta fundación, o Pazo de Bendaña.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Novos cursos formativos para as asociacións veciñais de Compostela
Do 1 ao 18 de abril recolleranse as propostas formativas que as asociacións veciñais queiran incorporar á súa programación anual.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Unha campaña promoverá o uso de Internet entre os composteláns
O coordinador en Galicia de Todos en Internet, César Jiménez, e a concelleira de Centros Socioculturais do Concello, Mercedes Rosón, explicaron como se desenvolverá esta campaña en Compostela, onde estará instalada un aula móbil ata o 7 de abril.
EDUCACIÓN
O Concello renova o convenio de colaboración coa Escola Don Bosco
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e o director da Escola de Tempo Libre e Animación sociocultural Don Bosco, Francisco Rodríguez, asinaron a renovación dun convenio de colaboración para participar no proxecto Servizo Local de Accións do Programa Europeo "Xuventude" durante o ano 2005.