EDUCACIÓN
Solicitude de prazas para o programa municipal de conciliación de Semana Santa 2023
O programa municipal de Semana Santa 2023 desenvolverase os días 3, 4, 5 e 10 abril de 2023 nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.
PLENO
O Pleno aproba o estudo de detalle para mellorar a accesibilidade ás vivendas colectivas da praza de Ultreia e unha declaración institucional para solicitar máis xulgados en Santiago
O Pleno ordinario do Concello de Santiago, aprobou hoxe por unanimidade o "Estudo de detalle para a definición urbanística da dotación de accesibilidade aos inmobles de vivenda colectiva emprazados na praza de Ultreia" e dúas declaracións institucionais. A primeira, recoñecendo o labor de servizo público da Polícia Local no seu 175 aniversario; e a segunda, demandando novos órganos xurisdicionais para a capital de Galicia.
MOBILIDADE
Inícianse os traballos de toma de datos para a revisión do PMUS de Santiago
O Concello de Santiago iniciou o proceso de toma de datos para a actualización e revisión do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) mediante a realización dunha Enquisa Domiciliaria de Mobilidade (EDM) co obxectivo principal de coñecer a mobilidade da poboación de Santiago e das súas principais áreas de influencia.
MEDIO AMBIENTE
Mañá arranca o sistema de recollida ‘porta a porta’ para os locais de hostalaría da cidade histórica
Despois de case dous meses repartindo os colectores das diferentes franxas aos locais de hostalaría, iníciase a recollida ‘porta a porta’, pola que todos os establecementos da cidade histórica contarán cun horario para deixar os contedores á porta dos negocios, que lle serán recollidos alí mesmo.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello vala a rúa de Vedra ante o perigo de caída do muro que linda coa estación de autobuses
Logo de detectar unha fenda no muro, pechouse o acceso á rúa e iniciáronse dilixencias instando á dirección da obra da Intermodal para que acometeran unha serie de actuacións de maneira inmediata que permitan reabrir o tráfico con seguridade.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto para a construción do Centro Integral para a Inclusión Social en Belvís
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a proxecto de execución do Centro Integral para a Inclusión Social no entorno do Parque de Belvís cun orzamento de 835.142 €. Tamén se acordou a contratación do servizo de redacción do Proxecto Básico e de Execución e Dirección de Obra para a realización de obras de mellora no interior do Pazo de Raxoi. O alcalde deu conta deste e doutros asuntos tratados en Xunta de Goberno nunha rolda de prensa que tivo lugar esta maña.
XUNTA DE GOBERNO
Luz verde ás bases reguladoras de venda ambulante de artesanía
A Xunta de Goberno Local aprobou as hoxe as bases reguladoras para o outorgamento das autorizacións correspondentes ao exercicio da actividade de venda de artesanía en postos desmontables na vía pública. Estas bases establecen as ubicacións na vía pública, o números de postos así como as datas e horarios de venda. Tamén se aprobaron as bases da convocatoria dos Premios SELIC de creación literaria 2023.
DEPORTES
A organización de "O Gran Camiño" agradece o apoio e soporte da Policía Local de Santiago no desenvolvemento da proba
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, felicitou os gañadores da proba ciclista O Gran Camiño 2023, Jonas Vingegaard, Jesús Herrada e Rubén Guerreiro; así como a todos os premiados tanto nesta cuarta etapa, como nas anteriores. Os tres recolleron hoxe os seus "maillots" e trofeos de gañadores, nun acto no que a organización agradeceu o apoio e soporte da Polícia de Santiago e quixo homenaxeala polo seu 175 aniversario cun presente que recolleu, en nome de todo o corpo, o axente Jesús Pérez.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local, na ofrenda ao Apóstolo, pide pola paz en Ucraína e non abandonar ás persoas máis vulnerables
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, saudou hoxe, na Praza do Obradoiro, aos efectivos da Policía Local, con motivo dos actos do seu 175 aniversario. A continuación, tivo lugar na Catedral compostelá, a ofrenda ao Apóstolo, na que José Ramón Silva Dieste, intendente da Policía Local, apelou á paz para Ucraína, e non abandonar "aos que sofren" e a aquelas persoas máis vulnerables.
ALCALDÍA
A reurbanización do Restollal culminará o proceso de humanización de Pontepedriña
A próxima semana abrirase ao público, tamén en Pontepedriña, o renovado parque de Pérez Lugín, un "espazo máis amplo, inclusivo e adaptado a todo tipo de usuarios cunha superficie que é transitable e adaptada a persoas con mobilidade reducida" segundo avanzou a concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro.