EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música programa para o segundo trimestre do curso un novo ciclo de concertos didácticos para a cativada
A Concellería de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música (EMM), pon en marcha por duodécimo ano consecutivo un novo ciclo de sesións didácticas que teñen como obxectivo promover o achegamento da música aos máis pequenos da rede de centros educativos de Compostela. Xunto a esta iniciativa programa outros eventos para o segundo trimestre do curso que presentou en rolda o concelleiro de Educación, Rubén Prol, acompañado polo director da EMM, Fernando Rey, e pola profesora...
TURISMO
O turismo recupérase plenamente en Santiago ao superar por primeira vez o millón e medio de pernoctacións
No 2022 marcáronse novos máximos turísticos na cidade, tanto en pernoctacións como en pasaxeiros no Aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro e no número de Compostelas entregadas.
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle a exposición que percorre os 70 anos de vida do Moto Club Compostela
A mostra fai unha homenaxe para dar a coñecer a historia e evolución destas sete décadas.
FESTAS
Dende mañá, 1 de febreiro, e ata o 8 poderán presentarse as solicitudes para participar no desfile do Entroido
O Boletín da Provincia da Coruña publica hoxe, 31 de xaneiro, as bases do concurso, polo que dende mañá poderán presentarse as solicitudes para participar no desfile de Entroido que terá lugar o martes 21. O prazo estará aberto ata o 8 de febreiro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de acondicionamento das pistas de tenis de Rodríguez de Viguri
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe o proxecto de "acondicionamento das pistas deportivas da Avenida Rodríguez de Viguri", cun orzamento base de licitación de 251.785,74 euros (208.087,39 euros máis 21% IVE). 47.880,10 corresponderían á primeira fase de acondicionamento da pista 1; e 203.905,64 euros á segunda fase, de acondicionamento das pistas 2 e 3. Dos acordos adotados informou, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sanchez Bugallo.
URBANISMO
O alcalde reúnese coa veciñanza da Avenida de Pontevedra, que solicita o cambio de trazado da senda ciclista entre San Caetano e O Milladoiro
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reuniuse esta tarde coa veciñanza da Avenida de Pontevedra, que lle amosou a súa preocupación pola senda ciclista que ten proxectado a Xunta entre San Caetano e O Milladoiro; polo que piden un cambio de trazado que afecte en menor medida as súas vivendas e fincas.
URBANISMO
O alcalde reúnese cos propietarios das parcelas nas que se ubicará a plataforma de mercadorías, para explicarlle o proceso de expropiación e pago dos terreos
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse cos veciños e veciñas afectados pola expropiacion das parcelas nas que se ubicará a futura plataforma loxística de mercadorías para explicarlle o proceso de pago das súas fincas. No encontro estivo acompañado polos concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, de Obras, Gonzalo Muíños, e pola técnica responsable da área de Urbanismo.
COMERCIO
Infinita Viajes faise co primeiro premio do concurso de escaparatismo de Nadal
O concurso de escaparatismo de Nadal xa ten gañadores, logo da xuntanza do xurado o pasado día 20. Nesta iniciativa, que se recuperou despois de varios anos sen celebrarse, repartiranse un total de 6.950 euros entre os seis comercios cos mellores escapartes de Nadal. En total, presentáronse 34 propostas.
ALCALDÍA
O alcalde reitera o compromiso de lanzar un plan de investimentos ao abeiro da aprobación do Plan Especial do Camiño Francés
Na rolda de prensa desta mañá, o alcalde de Santiago demandou un "esforzo conxunto" para sacar adiante o Plan Especial do Camiño Francés (PE-3) e reiterou o seu compromiso de lanzar un plan de investimentos vinculado a este plan.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC de Santa Marta celebrou o seu décimo aniversario
O Centro Sociocultura de Santa Marta celebrou hoxe, con distintos actos, o seu décimo aniversario. É un dos centros máis novos, xunto ao de Maruxa e Coralia, da zona vella. Inaugurouse hai dez anos, coma un equipamento municipal de barrio proxectado para toda a cidade e para todas aquelas persoas que queiran formar parte dunha programación sociocultural extensa e variada.