XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a renovación de 23 solicitudes de autorización de venda ambulante
A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa reunión de hoxe, a renovación de 23 solicitudes de autorización de venda ambulante, 8 de artesanía, 13 de tempada (recordos) e dúas de xeados e castañas.
ALCALDÍA
Os Bonos Corazón Concheiros-San Pedro estarán operativos a partir do 11 de marzo
A partir do 11 de marzo poderánse solicitar os Bonos Corazón Concheiros-San Pedro, que estará operativos ata o 31 de maio. Anunciouno o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa, despois de mater esta mañá, xunto ao concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, unha reunión coa Asociación de Comerciantes de Concheiros.
MEDIO AMBIENTE
Últimas horas para votar polo Carballo de Conxo na axustada competición por ser a Árbore de Europa
Hoxe, luns 28 de febreiro, ás 23:59 horas, rematará a votación internacional que elixirá á Árbore de Europa 2022, que aínda se pode votar a través da web do certame: www.treeoftheyear.org/Vote. Ademais, no marco da campaña #1Voto1Árbore esta mañá foron plantados outros 1.567 novos carballos, froito da colaboración do Concello con empresas locais que participaron activamente nesta campaña: Inserta da Fundación ONCE, Alda Hotels, Balidea, Clece ou Limpiezas Salgado. A día de hoxe,...
DEPORTES
Recepción ás supcampioas nacionais de ximnasia rítimica na categoría alevín, pertencentes ao Club Viravolta
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta tarde a recepción ao Club Viravolta de Ximnasia Rítmica de Santiago de Compostela, que en novembro pasado se proclamou subcampión nacional na categoría alevín.
MEDIO RURAL
Rematan as obras de mellora do centro sociocultural da Peregrina
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron hoxe o local sociocultural da Peregrina, despois das obras de mellora e acondicionamento do centro que agora, unha vez rematados os traballos, se pon a disposición da veciñanza. Ao acto asistiron numerosos veciños e veciñas, entre eles Encarna Pérez Miramontes, presidenta da asociación veciñal Río Sarela da Peregrina.
MEDIO AMBIENTE
500 estudantes de Santiago e comarca realizaron este mes visitas guiadas ao Carballo de Conxo
Organizadas polo Concello de Santiago, unha decena de centros educativos da cidade e da contorna coñeceron, directamente, a historia da Mellor Árbore de España 2022 e candidata a Mellor Árbore Europea do Ano.
MOBILIDADE
O Concello de Santiago e a ONCE presentan o proxecto piloto de avisadores nos semáforos para persoas con discapacidade visual
O concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, fixo entrega ao director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro Canosa, de dez mandos a distancia que permitirán a persoas invidentes ou con alguna discapacidade visual, activar os avisadores acústicos instalados en varios semáforos da cidade. Mediante este sistema, o viandante pode usar o mando ou o seu móbil para accionar unha sinal acústica que lle axudará a moverse polas rúas.
EDUCACIÓN
Solicitude de praza nas escolas infantís municipais para o curso 2022/23
A Xunta de Goberno Local do 14 de febreiro do 2022 aprobou o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío.
EDUCACIÓN
Case un centenar de cativos entre os 4 e os 12 anos participarán nas actividades de conciliación de Entroido nos próximos días
Un total de 90 nenos e nenas asistirán ás actividades de conciliación familiar previstas polo Departamento de Educación durante as vacacións de Entroido, tanto nas escolas infantís municipais de Conxo e Meixonfrío-Salgueiriños, como no Espazo de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O alumnado do Rodríguez Xixirei participa no programa "Do Des-Equilibrio á Des-Carbonización"
O concelleiro de Educación e Mocidade, Rubén Prol, visitou o colexio Rodríguez Xixirei, de Lavacolla, onde un grupo de 19 alumnos e alumnas participou nun obradoiro do programa "Do Des-Equilibrio á Des-Carbonización". Un proxecto que pretende abordar simultaneamente as crisis sanitarias e climáticas nas que nos atopamos a través dunha proposta educativa interxeneracional na que conxugar as necesidades e intereses da mocidade e a terceira idade.