MEDIO AMBIENTE
O Carballo de Conxo compite do 1 ao 28 de febreiro por converterse na Árbore Europea do 2022
O Carballo do Bosque do Banquete de Conxo, con máis de 250 anos de antigüidade, competirá a partir de mañá na última fase do certame Árbore Europea do Ano, cuxo prazo de votación estará aberto ata o 28 de febreiro. Durante os actos que tiveron lugar esta mañá co motivo do lanzamento da candidatura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reiterou o seu compromiso de "plantar 100.000 árbores autóctonas de aquí a 2030, 19.000 en 2022", no caso de que se chegue ao mesmo...
XUNTA DE GOBERNO
Mañá ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación de Entroido do espazo educativo e de lecer María Miramontes
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o procedemento e os prazos de inscrición para o programa de conciliación de Entroido no espazo educativo e de lecer María Miramontes. O prazo de inscrición comeza mañá martes, 1 de febreiro, e remata o próximo día 14. Ofértanse un total de 60 prazas, todas elas de balde, destinadas a menores empadroados ou que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela. 36 son para a cativada de entre 4 e 6 anos; e 24 para nenos e nenas de entre 7 e 12 anos.
BARRIOS E OBRAS
Inauguración do campo da festa do Castiñeiriño
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou hoxe o campo da festa do Castiñeiriño. Son, segundo explicou o rexedor, uns 5.000 metros cadrados de espazo de uso polivalente, que responde tanto as demandas como as necesidades do barrio xeradas polo seu crecemento residencial.
POLÍTICAS SOCIAIS
A concelleira de Políticas Sociais aposta por "tecer unha gran rede social que dea unha resposta efectiva e eficaz as demandas dos colectivos máis febles"
A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro asegurou que, "nun momento tan delicado e importante como o que vivimos, "temos que ser capaces de tecer unha gran rede social que dea unha resposta efectiva e eficaz ás demandas dos colectivos máis febles. Foi no "Encontro Alzhéimer hoxe. Atención Integral e especializada en demencias", organizado pola Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) que se celebrou esta mañá na Cidade da Cultura.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Descúbrese unha placa en Boisaca co nome de cinco vítimas do franquismo, nun acto que Sindo Guinarte definiu como "de xustiza histórica"
Hoxe tivo lugar no cemiterio de Boisaca o descubrimento dunha placa na memoria de Eugenio Rodríguez, José Lijó, José Sieira, Julio Silva e Manuel Fernández; todos eles vítimas do franquismo. Un "acto de xustiza histórica", como o definiu o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte.
DEPORTES
Santiago acolle este sábado os campionatos de Galicia de Loitas Olímpicas e de Grappling-Gi coa participación de case 200 deportistas
A concelleira de Deportes e Benestar Animal, Esther Pedrosa, acompañada do presidente da Federación Galega de Loita, José Luis Olazábal, e o director técnico, Pablo Pintos, presentaron os campionatos de Loita Olímpica e Grampling-Gi que se celebrarán no pavillón municipal de Santa Isabel este sábado 29 de xaneiro. A cita deportiva conta cun total 190 inscritos nas dúas disciplinas procedentes de 21 equipos que competirán polos títulos nas diferentes categorías a nivel rexional.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello de Santiago porá en marcha a partir do 1 de febreiro a Policía de Distrito, á que destina 71 efectivos
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, iniciaron hoxe a rolda de contactos coas distintas asociacións veciñais da cidade para darlles a coñecer a iniciativa da Policía de Distrito, que busca unha maior proximidade entre o corpo policial e a veciñanza. En total destinaranse 71 efectivos dos 122 existentes aos catro distritos nos que se divide o concello.
MEDIO AMBIENTE
O próximo luns preséntase a campaña "Vota Carballo" para impulsar a candidatura do Carballo de Conxo no certame Árbore Europea do 2022
Con motivo da apertura o próximo 1 de febreiro do prazo de votación para escoller a Árbore Europea do Ano, o Concello comezará o vindeiro 31 de xaneiro cunha serie de actividades para promover a candidatura do Carballo de Conxo e poñer en valor o noso patrimonio natural. O alcalde de Santiago, Xose S. Bugallo, deu conta en rolda de prensa dos actos programados para o próximo luns, día no que se presenta a campaña, entre os que destacan a sinatura dun protocolo coa Asociación Bosques Sin Fronteras, a plantación de...
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal ofrece un novo concerto baixo o título "Batuta en Ruta I: tradición e renovación" dentro do ciclo "Rutas e Sinfonías"
O Teatro Principal acolle este domingo a partir das 12:00 h un concerto con pezas de Amando Blanquer, Robert Jager e Joaquim Serra, baixo a batuta do director convidado Marcel van Bree.
PLENO
O Pleno manifesta o seu apoio a Tanxugueiras con motivo da súa participación no Benidorm Fest como candidatas a representar a España en Eurovisión
Nunha sesión ordinaria celebrada esta mañá, o Pleno da Corporación aprobou unha moción de urxencia conxunta de todos os grupos municipais para deixar constancia do seu apoio ao grupo Tanxugueiras que están a participar actualmente no Benidorm Fest, onde se decidirá a súa posible participación no Festival de Eurovisión.