XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto básico e de execución do "Parque infantil na Almáciga"
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, aprobou o proxecto básico e de execución da obra do "Parque infantil na Almáciga", que conta cun orzamento de 85.771,82 euros. Tamén reciben luz verde as obras para o reforzo da rúa dos Concheiros e se inicia o proceso para a redacción do proxecto do Centro Integral para a Inclusión Social.
ACCIÓN CULTURAL
O poeta sirio Adonis participará este venres na inauguración dunha inscrición na súa honra no Xardín das Pedras que Falan
Este venres 4 de novembro pola mañá, o Concello inaugurará dúas inscricións no Xardín das Pedras que Falan, anexo á Fonseca, debidas ao poeta galego José Ángel Valente e ao poeta sirio Adonis. O acto contará coa presenza da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o poeta Claudio Rodríguez Fer, en condición de director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC, e o propio poeta Adonis que se desprazará expresamente dende París, onde vive exiliado,...
Santiago apoiará a candidatura galega para acoller a Axencia Española para a Supervisión da Intelixencia Artificial "porque a unión dos activos de ambas cidades fará que realmente A Coruña compita"
Tras unha nova reunión cos grupos políticos e axentes económicos e sociais da cidade, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, fixo pública a decisión "unánime" porque "como capital de Galicia temos a obriga de apoiar a candidatura de Galicia" e aínda que "discrepamos nos criterios que se empregaron para tomar esa decisión, nós non imos a debilitala, imos a colaborar con ela".
O Concello acometerá unha rexeneración integral do campo de fútbol de Figueiras
Cun orzamento que supera os 4.000 euros, a concellaría de Deportes en colaboración coa de Medio Rural acometerán unha obra para a posta a punto do campo para os rapaces do RCF Figueiras que alí adestran e que contempla a sega, a nivelación do terreo mediante recebo con mestura de substrato e area nas zonas desniveladas, así como a substitución do equipamento deportivo. Un "profundo lavado de cara necesario para unha instalación deportiva que empregan os rapaces das nosas parroquias" explica a concelleira de Deportes.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España e Paradores presentan a súa oferta turística en Barcelona
Ambas as institucións presentaron de maneira conxunta as novidades na oferta turística e cultural das 15 cidades nun evento celebrado en Barcelona que contou coa presenza do presidente do Grupo e alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo; o director de Vendas e Distribución de Paradores, Juan José González; o alcalde de Tarragona, Pau Ricomà e o director de Turismo do Concello de Barcelona, Xavier Suñol.
COMERCIO
Aberto ata o 9 de novembro o prazo de solicitude de participación nos postos de venda do Mercado de Nadal
O Departamento de Comercio abre o prazo para solicitar a participación no Mercado de Nadal, que se celebrará do 2 de decembro ao 5 de xaneiro na rúa da Carreira do Conde e, como xa se fixo en anos anteriores, do 23 de decembro ao 5 de xaneiro tamén en Área Central. A inscrición estará aberta ata as 23.30 horas do día 9 de novembro.
ACCIÓN CULTURAL
‘Un beau matin’ de Mia Hansen-Løve inaugura a 36ª edición de Cineuropa, que dedica un amplo ciclo ao musical en ‘Cancións para despois dunha guerra’
A francesa Mia Hansen-Løve inaugura o vindeiro dia 4 de novembro a 36º edición de Cineuropa coa súa película Un Beau Matin (Unha bonita mañá), un cativador retrato do amor e da perda protagonizado por Lea Seydoux que formou parte da Quincena de Realizadores do Festival de Cannes. Nos dezasete días de programación, o certame consolídase como festival competitivo, con once películas de novas e novos cineastas que competirán polos premios do xurado oficial, algunha delas, como a francesa Saint Omer, de Alice Diop,...
ALCALDÍA
Santiago acolle o Consello Estatal para o Fomento da Economía Social "clave" para garantir un futuro de oportunidades
"O gran reto é que as novas xeracións teñan un futuro no noso país sen necesidade de emigrar, e neste sentido, a economía social ofrece oportunidades extraordinarias, xustas, sólidas, solidarias e con futuro" son as palabras coas que Xosé Sánchez Bugallo, o alcalde de Santiago abriu o Consello Estatal para o Fomento da Economía Social. No acto, presidido polo secretario de Estado de Emprego e Economía Social, Joaquín Pérez Rei, o alcalde insistiu en que o reto actual das administración...
Eixo Atlántico
As fendas sociais no foco do Mapa de Cohesión do Sistema Urbano do Eixo Atlántico
Trátase do primeiro Mapa de Cohesión dun sistema urbano transfronteirizo e mide o nivel de cohesión da Eurorrexión, marcando o inicio dun proceso de innovación transformadora dos servizos e políticas sociais das cidades do Eixo. "Son as políticas sociais as únicas que poden garantir a cohesión social" explica o alcalde. Xosé Sánchez Bugallo, que explica que do mesmo xeito que "a calidade dun sistema democrático se mide pola protección que teñen as minorías, tamén a...
TURISMO
Comeza o XIV Santiago(é)Tapas con 62 tapas a concurso
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado do presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, membros da Corporación municipal e representantes das entidades e empresas patrocinadoras e colaboradoras visitaron esta mañá un dos locais participantes no XIV Santiago(é)Tapas, concurso de tapas que se desenvolve desde onte na cidade. O grupo puido probar o petisco da Bodeguilla de Santa Marta, restaurante que recibiu un dos galardóns na pasada edición do certame.