REHABILITACIÓN
Cen vivendas serán rehabilitadas en Vista Alegre este mesmo ano
Dous bloques de cen vivendas de Vista Alegre serán reformados este mesmo ano. Este é o primeiro dos obxectivos do proxecto de rehabilitación integral do que se beneficiará este barrio, segundo anunciou o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CULTURA
Toumani Diabaté trae os sons da cora ao Auditorio de Galicia
Dentro do ciclo "Sons da Diversidade", chega dende Mali Toumani Diabaté. Cun estilo que el mesmo define como "jazz-jugalbandi-griot", dará a coñecer en Santiago a cora, unha variante de arpa con 21 cordas propia da tradición de África occidental.
MANCOMUNIDADE
Sánchez Bugallo asinará catro convenios en prol dos emigrantes composteláns
No transcurso da súa primeira xornada de visita institucional en Bos Aires, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinará un convenio coa Fundación Españois do Mundo de Arxentina. Trátase do primeiro dos catro convenios que o alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade de Santiago subscribirá durante a súa viaxe e dos que se beneficiarán os emigrantes e descencendentes de emigrantes de Compostela e do seu contorno.
MANCOMUNIDADE DE SANTIAGO
Sánchez Bugallo visita aos emigrantes composteláns de Arxentina e Uruguai
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, emprende unha visita institucional a Arxentina e Uruguai, na que manterá xuntanzas con colectivos composteláns e da mancomunidade e asinará diversos convenios. Acompáñano nesta viaxe, do 28 de abril ao 5 de maio, a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, o alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o de Brión, Xosé Luis García.
TURISMO
Santiago asistiu á asemblea anual do Spain Convention Bureau
O Spain Convention Bureau, órgano da Federación Española de Municipios y Provincias presidido polo concelleiro de Turismo compostelán, Francisco Candela, celebrou en Cuenca a súa asemblea anual de 2006.
CULTURA
Presentación da Federación Galega de Bandas de Música Populares
O Auditorio de Galicia acolle o sábado 29, ás 21:00 horas, a presentación da Federación Galega de Bandas de Música Populares, nun evento organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Asociación Cultural-Musical Solfa. A actuación foi presentada nunha rolda de prensa na que participaron, entre outros, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego; o presidente da FGBMP, Emilio Vázquez, e a presidenta de Solfa, Lucía Carreira.
PLENO
Aprobado o proxecto do Regulamento do Consello Municipal de Migracións
O Pleno do Concello de Santiago aprobou o proxecto do Regulamento do Consello Municipal de Migracións. O obxectivo desta norma é garantir o dereito á participación na vida municipal dos cidadáns e cidadás de Compostela, de tal xeito que se atenda ás características específicas do colectivo de persoas inmigrantes, emigrantes retornados e emigrantes.
EIXO ATLÁNTICO
Eixo Atlántico e Vicepresidencia da Igualdade asinan un convenio para desenvolver actividades entre a mocidade galega e do norte de Portugal
O alcalde compostelán e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o vicepresidente da Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, asinaron o pasado 26 de abril, un convenio de colaboración para promover actividades dirixidas á xuventude da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
ACCIÓN SOCIAL
As entidades de acción social de Compostela analizan o proxecto de "Lei de autonomía persoal e dependencia"
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo e a concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, acompañaron aos máis de cen participantes no inicio dun obradoiro de identificación de oportunidades, ameazas e estratexias que o proxecto de "Lei de autonomía persoal e dependencia" presenta ao terceiro sector. Este encontro reune na EGAP a entidades de acción social de Compostela.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico e a Vicepresidencia da Igualdade colaborarán en diversas actividades para a xuventude
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, en calidade de presidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, e o vicepresidente da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, Anxo Quíntana, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades no ámbito da xuventude durante o presente ano.