TURISMO

Santiago e o seu Camiño centran unha mostra fotográfica en Roma

29/03/2006

O xoves 30 de marzo inaugúrase no palacio Chiostro del Bramante de Roma a exposición fotográfica ‘Il Cammino e i Camminatori di Santiago di Compostela’, organizada pola aristócrata María Luisa Gaetani della’Aquila d’Aragona e a Oficina Española de Turismo da capital italiana.

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Pelamios contará cun novo centro sociocultural en menos dun ano

28/03/2006

O novo centro sociocultural de Brañas de Andrés, ubicado na zona dos Pelamios, estará rematado a finais da primaveira de 2007, segundo previsións da concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, e do voceiro do Grupo de Goberno, Francisco Candela, que presentaron o proxecto.

CENTROS SOCIOCULTURAIS

150 anos do Banquete de Conxo

28/03/2006

A Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago réndeulle homenaxe una ano máis o lendario Banquete de Conxo cun pequeno programa de actos nos que os protagonistas foron escolares de Compostela.

PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO

Xornadas Técnicas sobre programas experimentais de emprego

27/03/2006

A Concellería de Promoción Económica e Emprego organiza a xornada "Novas prácticas na intermediación pública polo emprego", dirixida a persoas vinculadas coa inserción laboral, que se celebrará o 6 de abril en Santiago de Compostela.

Compartir: