ALCALDÍA

O Concello concreta as súas aportacións sobre o futuro da Cidade da Cultura

25/02/2006

Durante dúas xornadas, o venres e o sábado, 24 e 25 de febreiro, o grupo multidisciplinar de expertos requeridos polo Concello co obxecto de elaborar propostas sobre a Cidade da Cultura mantivo unha xuntanza en Compostela para compartir e concretar as súas recomendacións. As propostas foron transmitidas ao alcalde, Sánchez Bugallo, que participou na última parte destas sesións de traballo, hoxe sábado. As propostas serán transladadas á Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, no transcurso da visita institucional que...

EDUCACIÓN E MOCIDADE

Alumnos de español na cidade alemana de Elfershausen visitan Compostela

24/02/2006

A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, recibiu, o venres 24 de febreiro, a un grupo de 16 estudantes de español procedentes de Elfershausen (Alemania). Este grupo, con alumnos de 15 e 16 anos acompañados de tres mestres, permanecerá en Compostela ata o martes 28 de febreiro para coñecer a vida cotiá de Santiago e do resto de Galicia.

EDUCACIÓN

Continúan os concertos didácticos no Auditorio de Galicia

24/02/2006

Un grupo de perto de cen rapaces e rapazas da Casa do Neno e do centro Cativo asistirón ao concerto didáctico celebrado o venres, 24 de febreiro, no Auditorio de Galicia no marco do programa didáctico que desenvolve o Departamento de Educación e Mocidade do Concello en colaboración coa Banda Municipal de Música.

Compartir: