AUDITORIO DE GALICIA

Hansjörg Schellenberger dirixe á Real Filharmonía de Galicia

31/01/2006

O director alemán Hansjörg Schellenberger dirixe á Real Filharmonía de Galicia no concerto de xoves 2 de febreiro, cun programa centrado en obras de de Carl Phiipp-Emanuel Bach, fillo do célebre Johann Sebastian Bach, e de Franz-Joseph Haydn.

URBANISMO

O alcalde compostelán pide que se manteña o compromiso de rematar a Cidade da Cultura

31/01/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, sinalou que "non constitúe unha sorpresa" o anuncio da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, da paralización das obras dos edificios do Teatro da Música e de Novas Tecnoloxías da Cidade da Cultura. Neste senso a conselleira da Cultura reunirase co alcalde compostelán na terceira semana de febreiro para falar sobre a redefinición do proxecto

ALCALDÍA

Visita institucional da República árabe saharaui

27/01/2006

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi a a unha delegación saharaui encabezada polo gobernador da provincia de Dajla na República árabe saharaui, Salem Lebsir, e pola secretaria de Estado de asuntos sociais e da muller, Mahfuda Rahal.

URBANISMO

O Castiñeiriño acollerá 1.846 novas vivendas

27/01/2006

Segundo anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, coa aprobación no Pleno ordinario do xoves 26 de xaneiro, de dúas das cinco áreas urbanas que se desenvolven no Castiñeiriño, o barrio cambiará de imaxe definitivamente. Unha transformación que quedará completada entre o presente ano e o vindeiro, coa creación de 1.846 novas vivendas en total.

EDUCACIÓN E MOCIDADE

A escritora Teresa Moure dará lectura ao Manifesto pola paz no marco do VII Foro de ONGs

27/01/2006

A escritora Teresa Moure dará lectura ao manifesto pla paz no marco do VII Foro de ONGs que se celebra o sábado 28 de xaneiro en Área Central.

Perto de 25 ONGs participarán nesta VII edición do Foro das ONGs, organizado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela, xunto coa Coordinadora Galega de ONGs e outros colectivos.

VIVENDA

Visita ás vivendas de protección pública de Belvís

26/01/2006

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitaron o piso piloto da urbanización de promoción pública que se está a construír en Belvís.

Compartir: