MULLER

O Concello celebra o Día internacional da non violencia contra as mulleres

25/11/2005

Coa difusión na prensa local da declaración institucional co gallo da conmemoración do día internacional da non violencia contra as mulleres, aprobada por unanimidade polo Pleno da Corporación, e o acto de entrega dos premios do concurso ""Educando na convivencia en Igualdade" que convoca a Concellería da Muller, comezou o venres, 25 de novembro, o programa de actividades que desenvolverá esta Concellería con motivo desta celebración.

ALCALDÍA

Santiago de Compostela e Santiago de los Caballeros xa son oficialmente cidades irmás

25/11/2005

Os alcaldes do primeiro Santiago do vello continente, Santiago de Compostela, do seu homónimo no Novo Mundo, Santiago de los Caballeros, na República Dominicana asinaron o 25 de novembro na segunda destas cidades a acta de irmandamento, inspirada no legado histórico de Cristóbal Colón, que fundou esta cidade dominicana en 1495 á honra do Apóstolo Santiago o Maior.

MULLER

Marina Álvarez gaña o concurso de carteis "Educando na convivencia en igualdade"

25/11/2005

"Non estamos aquí, non estamos aquí, estamos no medio" é o slogan do cartel gañador da quinta edición do concurso "Educando na convivencia en igualdade," convocado pola concellería da Muller do Concello de Santiago, con motivo do Día Internacional da violencia contra as mulleres que se celebra o venres 25 de novembro.

SANIDADE

Remata o prazo para inscribirse nos cursos do refuxio de animais de Bando

22/11/2005

Mañá mércores, 23 de novembro, remata o prazo de inscrición nos cursos de formación gratuitos que organiza a Concellaría de Sanidade destinados aos propietarios de mascotas que desexen obter coñecementos e consellos para unha axeitada educación das mesmas. Inicialmente ofreceranse dúas sesións, o domingo 27 de novembro e o sábado 17 de decembro, en horario matutino de 10 a 13 horas, e impartiranse nas instalacións do Refuxio de Bando.

Compartir: