AUDITORIO DE GALICIA

Ros Marbá dirixe á Real Filharmonía e a Escola de Altos Estudos Musicais

31/05/2005

Dentro do ciclo dos Concertos de Abono, a Real Filharmonía de Galicia e a Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerán un concerto no Auditorio de Galicia o xoves 2 de xuño ás 21 horas. Estas formacións, baixo a dirección do mestre de ambas formacións Antoni Ros Marbà, interpretarán a obra de A. Bruckner, Sinfonía nº 8.

ELECCIÓNS AUTONÓMICAS

O Concello participa na campaña Galicia2005.net

31/05/2005

Un banner enlazará o portal do Concello coa web de Galicia2005.net, onde os internautas poderán formular dúbidas e suxerencias aos candidatos que concorren polas catro provincias ás eleccións autonómicas.

EIXO ATLÁNTICO

Sánchez Bugallo, novo presidente do Eixo Atlántico

30/05/2005

O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, relevará ao Presidente da Cámara de Porto, Rui Rio, na presidencia do Eixo Atlántico, segundo o acordo adoptado pola Comisión executiva deste órgano que agrupa a 18 cidades de Galicia o do Norte de Portugal.

CULTURA

Arnaldo Antunes actuará o domingo 29 no Auditorio de Galicia

27/05/2005

O compositor brasileiro Arnaldo Antunes, ben coñecido en España polo seu disco Tribalistas, feito xunto a Marisa
Monte e Carlinhos Brown, actuará o domingo 29 de maio ás 21.00 horas no marco do ciclo [¡]Sons da diversidade

Compartir: