ALCALDÍA
O PXOM, tema central do segundo número da Publicación de Información Municipal
A nova publicación, realizada polo gabinete da Alcaldía, ten unha tiraxe de 52.000 exemplares, que serán repartidos na sala de exposicións do PXOM, no Pazo de Fonseca, e enviados aos domicilios dos cidadáns.
PREMIO DE EUROPA
Santiago celebra o 20 aniversario da concesión do Premio de Europa e os 50 anos da creación deste galardón
Cento cincuenta membros do Consello de Europa, trinta e cinco deles parlamentarios de practicamente todos os países da Unión Europea e vintecinco representantes das cidades premio de Europa, boa parte deles alcaldes, asistirán o venres 1 e o sábado 2 de xuño aos actos conmemorativos do 50 aniversario do Premio de Europa e o 20 aniversario da concesión deste galardón a Santiago de Compostela.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais instalan a Bibliopiscina no Multiusos do Sar
O venres 1 de xullo poñerase en marcha este programa, que achega aos usuarios das piscinas unha selección de libros, guías, cómics, xogos e pasatempos
CULTURA
O Festiclown volve en agosto
Xa está aberta a inscrición para participar nos cursos de formación e nas interpretación de rúa e no Teatro Principal. En 2004 o público foi superou as 47.000 persoas
EIXO ATLÁNTICO
Santiago de Compostela será a sede dos VI Xogos do Eixo Atlántico
Mozos de dezasete cidades de Galicia e do norte de Portugal reuniranse en Compostela para competir nos "VI Xogos do Eixo Atlántico" entre os días 11 e 16 de xullo, coincidindo a última noite dos xogos coa primeira das festas patronais do Apóstolo.
TURISMO
Air Berlín conectará a Compostela con Alemaña, Suíza e Austria
Tralos contactos mantidos por Turismo de Santiago e Air Berlín, a liña alemana de baixos custes anuncia o inicio de operacións no aeroporto de Lavacolla para o 1 de novembro deste ano.
EDUCACIÓN
Comeza a Escola de Verán
Os colexios Pío XII, Monte dos Postes, Quiroga Palacios e Colexiata de Sar acollerán nesta edición as catro horas de actividade diaria á que poden acudir os pequenos de ata 12 anos durante os días 28, 29 e 30 de xuño e 1, 4 e 5 de xullo. Conciliar a vida laboral coa familiar é un dos obxectivos do programa.
CULTURA
"Santiago de Cuba en Compostela" afonda nas relacións entre as dúas cidades irmandadas
A Concellaría de Cultura organiza este ciclo no que durante dez días haberá 30 actividades culturais protagonizados por artistas "santiagueros".
PATRIMONIO
Comeza a cuarta campaña arqueolóxica no Castelo da Rocha
A Universidade de Santiago de Compostela, coa cofinanciación do Consorcio e do Concello compostelán, inicia a cuarta campaña de traballos arqueolóxicos na fortaleza da Rocha, para avanzar no obxectivo último de consolidar o castelo e integralo no rico patrimonio cultural e turístico da cidade.
EDUCACIÓN
O Programa Ferradura Aberta programa actividades lúdicas para rapaces na Alameda
A Xunta de Goberno Local aprobou o orzamento, estimado en 61.000 euros, para levar a cabo a décimo segunda edición deste programa de actividades lúdicas e de lecer, que terá lugar entre os días 13 e 29 de xullo.