FESTAS
A banda Timbalada traerá o carnaval de Salvador a Compostela
O carnaval do Candeal (Salvador de Bahía) transládase a Compostela ao ritmo de Timbalada. O 31 de xullo ás 21 horas, este grupo percorrerá Santiago desde a praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Praza de Galicia e Xoán Carlos I para rematar na escalinata do Campus Sur.
FESTAS
O Ballet Clásico de Tianjin, na praza da Quintana
O mércores 27 de xullo ás dez da noite, o Ballet Clásico de Tinajin (danza clásica occidental e danza clásica china) debutará na Praza da Quintana a un prezo único de 6 euros.
FESTAS
Bebe e a súa Caravana Gitana aterrizan hoxe na Quintana
BEBE
23.00 h. COMPOSTELA FESTIVAL
BEBE + Tío Calambres+ Combolinga+DJ Fonki Omar
Praza da Quintana
Prezo único: 12 euros
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago, Delegado Rexio na Ofrenda ao Apóstolo
O Rei Juan Carlos designou ao Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, como Delegado Rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o luns 25 de xullo, na Catedral de Santiago.
FESTAS
Verónica Codesal traerá o folk galego-belga á Quintana no Día do Apóstolo
No concerto, que comezará ás 23 horas, actuarán como convidados Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane e Leilía+Guancho.
FESTAS
Chico César e Ray Lema, ritmos africano-brasileiros tras o espectáculo de luz e son
Ás 24.30 horas, na Praza da Quintana, tras o espectáculo de luz e son e a queima da fachada gótica no Obradoiro, Chico César e Ray Lema encherá a Quintana cos seus sons chegados do Brasil e África.
FESTAS
Desde Francia, chegan os ritmos cálidos de Sargento García
O sábado 23 de xullo ás 23 horas, Sargento García, dentro do Compostela Festival, comezará o seu concerto na Praza da Quintana.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibe ao deputado da República Arxentina Carlos Óscar Ameijeiras
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o venres 22 de xullo ao deputado da República Arxentina Carlos Óscar Ameijeiras.
AUDITORIO DE GALICIA
O Auditorio de Galicia acolle unha exposición de fotografía latinoamericana
A mostra "Mapas abertos. Fotografía latinoamericana 1991-2002" inaugurarase o próximo martes 26 de xullo ás 20:30 horas na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia. No acto estarán o concelleiro de Cultura do Concello de Santiago, Néstor Rego e o Comisario da mostra, Alejandro Castellote.
MEDIO AMBIENTE
A Estación de Tratamento de Augas Residuais de Silvouta desenvolve un proxecto pioneiro para a depuración de augas residuais
A imaxe de Galiza é a dun territorio húmido e chuvioso, un lugar onde a auga "sobra". Porén, cada vez son máis frecuentes invernos secos, e que veñen a sumarse aos períodos estivais que xa dende hai anos viven numerosos concellos con restricións de auga. Que Galiza siga sendo un lugar asociado a auga depende da xestión que fagamos deste recurso limitado fundamental para un desenvolvemento sustentábel. Co fin de investigar e avanzar neste aspecto, naceu o proxecto de depuración por humidal que se está a...