ALCALDÍA

As obras do entorno da Colexiata de Sar rematarán en setembro.

25/08/2005

Ás obras de acondicionamento que o Concello está realizando no entorno da Colexiata de Sar estarán rematadas o 12 de setembro. Así o afirmou o Alcalde, Sánchez Bugallo, na visita ás obras de acondicionamento do entorno da histórica Colexiata de Sar, na que estivo acompañado polo párroco, José Porto Buceta, e polo concelleiro de Infraestructuras, Bernardino Rama.

SERVICIOS SOCIAIS.

Os programas de prevención da VIH/ SIDA e enfermidades sexuais melloran os coñecementos dos adolescentes.

22/08/2005

A maior valoración e confianza no uso de métodos antioconceptivos e de prevención, e especialmente no uso do preservativo, é un dos resultados do Programa de Prevención do VIH/ SIDA desenrolado pola Unidade de Atención Municipal aos Drogodependentes (UMAD). O emprego de case que a totalidade dos métodos de prevención foi considerado máis eficaz ao remate deste obradoiro, a excepción da "marcha atrás", cumpríndose así o propósito formativo fundamental desta iniciativa.

ALCALDÍA

Recepción no Concello a Música en Compostela

22/08/2005

A Alcaldesa en funcións Teresa García-Sabell recibiu o luns 22 de agosto no Palacio de Raxoi aos alumnos do curso internacional Música en Compostela.García-Sabell resaltou o orgullo que para a cidade supón acoller unha convocatoria de tal envergadura.

MEDIO AMBIENTE

Reciclaxe dos residuos eléctricos e electrónicos.

12/08/2005

A partir do 13 de agosto os cidadáns poderán reciclar gratuitamente os seus vellos eléctricos e electrónicos facendo entrega deles nos establecementos comerciais onde adquiran novos equipos.

ALCALDÍA

Luis Tojo recibiu no Obradoiro a atletas minusválidos chegados desde Florencia.

11/08/2005

O Alcalde en funcións, Luis Toxo Ramallo, recibiu o xoves 11 de agosto na Praza do Obradoiro a un grupo de 11 atletas minusválidos pertencentes ao "Gruppo Sportivo Handicappati Toscana". que remataron a súa peregrinación en cadeira de rodas desde Saint-Jean a Santiago de Compostela con fins solidarios.

Compartir: