CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais inicia o seu programa de actividades trimestrais
Os prazos de inscrición para estes talleres xa están abertos, polo que calquera cidadán que queira participar nalgún curso ou obradoiro dos ofertados poden anotarse no centro sociocultural onde se imparta a actividade.
REAL FILHARMONÍA
A Real Filharmonía de Galicia grava a banda sonora para a película "Cargo"
A Real Filharmonía de Galicia foi a formación escollida polos compositores Sergio Moure e Stephen Warbeck para gravar a banda sonora da película Cargo. Desde o mércores e ata o venres, a Real Filharmonía de Galicia estará na cidade da Coruña nos modernos estudos de gravación Mans cos compositores para levar a cabo este proxecto.
URBANISMO
A rúa das Rodas ábrese ao tráfico tras as obras de reurbanización
Tras nove meses de obras de reurbanización, a rúa das Rodas volveu a abrirse ao tráfico.
MEDIO AMBIENTE
A Consellería de Medio Ambiente cofinaciará o saneamento de Compostela
O alcalde de Santiago Xosé A. Sánchez Bugallo reuniuse co Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández, no Concello o sanemento integral de Santiago e do rural así como o peche da pranta de Sogama, entre outros temas.
ALCALDÍA
Santiago recibirá 43 millóns de euros no 2006
O alcalde compostelán manifestou a súa satisfacción ante o proxecto de Lei de Orzamentos Xerais que recolle un incremento substancial da dotación orzamentaria que recibirá Compostela no vindeiro ano.
TRANSPORTES
Tussa investirá 142.000 euros na renovación de 60 marquesiñas do rural
A parada de Folgoso, en Figueiras, foi a marquesiña elexida para comezar a posta en marcha do plan posto en marcha pola empresa municipal Tussa, a través do cal se instalarán nun período de 3 anos 60 marquesiñas nas zonas rurais de Santiago, a razón de 20 marquesiñas ao ano.
EDUCACIÓN
"Facendo familias" fomentará a participación dos nenos na vida en familia
Elvira Cienfuegos presentou un novo programa que trata de "implicar aos nenos na construción dun ambiente familiar" promovido por "Meniños, Fundación para a Infancia".
PLENOS
O pleno estudará a aprobación dos estudos de detalle da Calzada de Sar e da parcela 2 de Galeras
O xoves 29 terá lugar ás 18.30 horas a sesión ordinaria do pleno, no que, entre outros puntos da orde do día, a concelleira de Sanidade, Elvira Cienfuegos, proporá a constitución da fundación do Refuxio de Animais de Bando.
DEPORTE
A Fundación Compostela Deporte xa ten sede
O alcalde compostelán e presidente do Padroado da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo inaugurou a sede da institución, nun acto que contou coa presencia da conselleira de Cultura e Deportes, Ánxela Bugallo, o vicepresidente da Fundación e concelleiro de Deportes, Manuel Portas, así como de varios membros da corporación municipal, do Padroado, representantes das federacións e clubs deportivos de Compostela e do Consello Municipal de Deportes.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
A Escola de Música abre as súas portas ao novo curso escolar
No seu terceiro ano de andanza, a escola conta con xa cuns 230 alumnos.