ALCALDÍA

Os veciños de Busto expoñen ao alcalde as súas peticións

31/10/2005

A ampliación da vella ponte do ferrocarril, actualmente en desuso, foi unha das principais peticións que os veciños da parroquia de Busto manifestaron ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, no transcurso dunha visita a esta parroquia.

INFRAESTRUTURAS

A rede de saneamento da rúa de Teo será renovada

31/10/2005

O Plan de Grandes Cidades-2005 elaborado pola Deputación Provincial de A Coruña asignou ao concello de Santiago 1.000.000 euros para proxectos de renovación ou instalación de infraestruturas.

CULTURA

Don Quixote, protagonista dun concerto da Real Filharmonía de Galicia

31/10/2005

O xoves 3 de novembro ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave, renderá homenaxe á obra de Miguel de Cervantes Don Quixote da Mancha interpretando as obras de Telemann, Don Quixote (Suite); de Gerhard, Danzas de Don Quixote e de Falla, El retablo de Maese Pedro. Para a ocasión se contará coa colaboración das voces de Carmen Gurriarán, soprano; Miguel Bernal, tenor, Augusto Brito, barítono e a representación escénica por conta de Os...

EDUCACIÓN

Volven os concertos didácticos ao Auditorio

31/10/2005

O mércores día 2 haberá, en sesión dobre, ás 10:00 e ás 12:00 horas unha actuación da Real Filharmonía de Galicia xunto aos Monicreques de Kukas.

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Un euro por unha hora de estudo para financiar proxectos educativos solidarios

31/10/2005

Baixo o lema "Se estudas cooperas... por unha hora do teu estudo destínase 1 € para un proxecto educativo nun país en vías de desenvolvemento" a ONG Coopera - Jóvenes para la Cooperación al Desarrollo, coa colaboración do Concello de Santiago, quere promover a interacción entre a solidaridade, educación e xuventude na nosa cidade.

TURISMO

Comezan os voos directos a Roma e Frankfurt

28/10/2005

A liña británica de baixos custes Ryanair enlazará ao aeroporto de Lavacolla con Roma desde o domingo 30 de outubro e con Frankfurt desde o 1 de novembro, data na que tamén comeza a operar o voo diario de Air Berlín vía Palma de mallorca a catorce cidades alemás, suízas e austríacas.

Compartir: