INFRAESTRUTURAS
O novo aparcadoiro do Clínico estará listo para antes do verán de 2008
A Xunta de Goberno deu o visto bo ao proxecto de execución do aparcadoiro público subterráneo da Choupana, nas inmediacións do Hospital Clínico. Unha vez modificado o proxecto, acometerase definitivamente a obra, na que se investirán 3.599.972 euros (4.175.967 con IVE). As obras do aparcadoiro teñen un prazo de execución de 1 meses, polo que estará listo antes do verán de 2008.
LIMPEZA
Os aseos públicos a carón da Policía Local serán reformados para adaptalos ás persoas con problemas de mobilidade
O Goberno local deu o visto bo ao proxecto de reforma dos aseos públicos situados na esquina da rúa Trindade-Costa do Cristo, a carón da Policía Local. Investiranse 59.979 euros nunha actuación que pretende adaptar estes aseos ás persoas con dificultades de mobilidade.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
As actividades xuvenís dos centros socioculturais fanse visibles no novo Espazo Xove
A concelleira de Centros Socioculturias, Guadalupe Rodríguez, presentou o Espazo Xove da Rede Sociocultural. Esta iniciativa pretende amosar, dun xeito diferenciado do resto de actividades dos centros, as realizadas especificamente para o público xuvenil.
LIMPEZA
Visto bo ao proxecto de regulamento para o Punto Limpo
O Goberno local aprobou o proxecto do Regulamento de uso do servizo público municipal "Punto Limpo". A norma establece os tipos de residuos admitidos, o modo de utilización do servizo e os dereitos e deberes dos usuarios. O documento será sometido á aprobación definitiva do Pleno municicipal.
DEPORTES
Nova convocatoria do Concurso de Fotografía Deportiva
A Concellería de Deportes convoca o XI Concurso de Fotografía Deportiva. O Goberno local aprobou o orzamento da actividade, 3.400 euros, dos que 2.050 se destinarán a premios, así como as bases do concurso.
ALCALDÍA
O Concello impulsará o centro sociocultural e o pavillón polideportivo de Lavacolla unha vez aprobado definitivamente o PXOM
O alcalde e varios concelleiros desprazáronse ata Lavacolla para dar un repaso ás obras realizadas e ás previstas para os vindeiros meses.
EMPRESAS MUNICIPAIS
Incolsa aproba as contas de 2006 cun resultado positivo de máis de 100.000 euros
A Xunta Xeral de accionistas da Empresa de Información e Comunicación Local S.A, Incolsa, aprobou as contas do exercicio 2006, que se saldaron cun resultado positivo de 101.349 euros.
ALCALDÍA
Compostela acolleu a XIII Xuntanza de Ril
A Asociación de Transplantados do Ril de Santiago (Tras-Ril-San) celebrou unha nova edición da súa reunión anual. Este ano coincidiron coa celebración dos 15 anos do primeiro transplante en Santiago.
CULTURA
Inaugurada unha nova edición da Feira do Libro
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou oficialmente a XXVI Feira do Libro de Santiago de Compostela, que permanecerá no Paseo Central da Alameda ata o 6 de maio.
MEDIO AMBIENTE
Compostela conta xa co seu primeiro Punto Limpo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o Punto Limpo do Polígono Tambre, acto que contou coa presenza do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.