CULTURA

"Tartufo", de Molière, no Principal

31/01/2007

Teatro de Ningures trae ao Teatro Principal todo un clásico, o "Tartufo" de Moliére. O espectador poderá recuperar esta comedia en cinco actos, que resiste o paso do tempo, coa que o dramaturgo francés fixo unha implacable crítica á hipocresía da sociedade da época.

BENESTAR SOCIAL E MULLER

A sensibilización sobre a igualdade de xénero, dende a infancia

31/01/2007

A concelleira de Benestar Social e Muller, Adelaida Negreira presentou a Campaña de concienciación e sensibilización sobre os valores da igualdade de xénero. Dentro das actividades desta iniciativa, a concelleira repartiu entre o alumnado de primeiro de Educación Primaria do Pío XII, un xogo de dúas cuncas con imaxes relacionadas co reparto das tarefas domésticas entre os pais e as nais.

CULTURA

Un premio para lembrar a Manuel María

31/01/2007

Vén de convocarse a segunda edición do Premio Manuel María á dignidade nacional. Segundo se di nas bases, o galardón quere "recoñecer publicamente a contribución daquelas persoas ou aquelas institucións públicas ou privadas que teñan desenvolvido actividades ou promovido iniciativas de calquera tipo con destacadas consecuencias na mellora da nosa dignidade nacional, tanto no ámbito da defensa da identidade cultural como no da responsabilidade social ou en calquera outro que contribúa a alcanzar o mesmo...

URBANISMO

As primeiras vivendas de Meixonfrío recibirán a licenza de primeira ocupación a partir do 12 de febreiro

31/01/2007

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras de urbanización de Meixonfrío xunto á concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, o concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama e o xerente de Emuvissa, promotora da obra, Xosé Manuel Rey Pichel. O rexedor compostelán aproveitou a visita para reunirse cos presidentes das dúas cooperativas e cos directores da obra.

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os veciños de Santiago achéganse á historia dos distintos barrios composteláns

31/01/2007

Dentro do primeiro Programa de Recuperación da Memoria Histórica que está a realizar a Concellaría de Centros Socioculturais, o día 1 de febreiro inaugurarase no Centro Sociocultural da Trisca a exposición sobre o barrio da Rocha. Ao día seguinte, 2 de febreiro, será o propio centro da Rocha o que reciba e inaugure a exposición sobre o barrio de San Pedro.

CULTURA

"Memoria. Pinturas" rememora a primeira exposición do colectivo Anakos

31/01/2007

O Museo do Pobo Galego, o primeiro lugar onde expuxera a principios de 1987 o colectivo "Anakos", acolle agora unha exposición que recorda aquela mostra. Dos membros orixinais reuníronse para esta ocasión Xosé Antón Castaño, Luís Iglesias Diz, Xurxo Martiño e Nolo Suárez. A mostra inaugúrase o xoves 1 de febreiro.

SANIDADE

Diminúe a entrada de animais no refuxio de Bando

30/01/2007

Os membros do Padroado da Fundación Refuxio de Animais mantiveron un encontro para resolver algúns puntos concretos do funcionamento do refuxio de Bando. Analizáronse as cifras de 2006, que indican que durante este ano entraron 859 animais, 36 menos que en 2005.

Compartir: