OFRENDA
A condena ao terrorismo, protagonista da Ofrenda ao Apóstolo
O atentado terrorista acontecido no aeroporto de Baraxas (Madrid) converteuse no protagonista das verbas expresadas polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que actuou nesta ocasión coma Delegado Rexio na tradicional Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago para conmemorar a translación dos seus restos. Ámbolos dous expresaron a súa condena e os seus desexos de paz e liberdade.
ALCALDÍA
O alcalde cualifica o 2006 coma un ano "espléndido" para Santiago
A poucos días de rematar o ano, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quixo facer balance de 2006. Dixo estar "francamente satisfeito" pola marcha dun ano que considerou "espléndido" para a cidade.
FESTAS
Praterías será unha festa para celebrar o novo ano
O Departamento de Festas preparou un espectáculo para que os composteláns reciban o ano 2007. Será na Praza das Praterías onde se escolten as badaladas das campás da Berenguela, que darán paso a unha noite de celebración.
CONSUMO
A OMIC fai un chamamento ao consumo responsable no Nadal
A concelleira de Sanidade e Consumo, Elvira Cienfuegos, presentou un novo folleto sobre o consumo responsable no Nadal, editado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC).
ALCALDÍA
Axudas europeas para o desenvolvemento do rural compostelán
A Asociación de Desenvolvemento Rural Sar-Ulla celebrou este o acto de sinatura dos contratos de axuda cos promotores das derradeiras iniciativas de desenvolvemento rural aprobadas no marco do Programa de Desenvolvemento Rural PRODER II Sar-Ulla, que se desenvolveu durante o período 2003-2006.
XUNTA DE GOBERNO
Complétase a reurbanización das mazás de República do Salvador e San Pedro de Mezonzo
A última Xunta de Goberno do ano, en sesión extraordinaria, aprobou o proxecto complementario do proxecto de reurbanización da mazá da República do Salvador (tramo Alfredo Brañas-Xeneral Pardiñas) e da mazá de San Pedro de Mezonzo (tramo Diego de Muros-República Arxentina), por importe de 109.797 euros. A execución deste proxecto tamén foi adxudicada e o prazo de execución é dun mes.
CONSORCIO
Abre ao público o Paseo dos Leóns
A partir de hoxe venres incorpórase ao uso público da Alameda o Paseo dos Leóns, co que será posible acceder ao Cruceiro do Gaio. Este tramo quedou definitivamente aberto nun acto ao que asistiu o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo. Tamén se abre practicamente na súa totalidade o paseo superior da Ferradura, dende o seu inicio na Caseta de Parques ata a escaleira de acceso á igrexa de Santa Susana. Con esta apertura posibilítase o tránsito peonil urbano entre o Casco Histórico e a zona...
ALCALDÍA
"O efecto das luces", máis de 100 pezas para resumir a historia da Real Sociedade de Amigos do País
A exposición "O efecto das luces" acolle na Fundación Caixa Galicia máis dun centenar de pezas –entre obras artísticas, documentos e imaxes- que resumen a intensa actividade da Real Sociedade de Amigos do País dende a súa fundación en 1783. Tamén recolle pezas cedidas por numerosas institucións galegas e estatais. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a mostra.
PLENO
Novos membros no Consello Reitor do Auditorio e no Consello Municipal de Migracións
O Pleno municipal aprobou o nomeamento de Iñaki Martínez Antelo e Ana Romaní Blanco como membros do Conxello Reitor do Auditorio de Galicia. Así mesmo, acordouse a designación dos integrantes do Consello Municipal de Migracións.
PLENO
A nova Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza urbana garantirá un espazo público de calidade para os cidadáns
A ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria quedou definitivamente aprobada no Pleno municipal. Rexeitadas as alegacións, a maioría relativas á supresión dos dous artigos referidos ao botellón, e cos votos favorables do grupo de Goberno e a abstención do PP, sae adiante unha norma que substitúe á vixente ata agora, de 1989, e que contempla aspectos novos coma o botellón ou a limpeza das áreas próximas ás masas forestais. Ademais, incrementa significativamente o capítulo de sancións coa...