FACENDA
O Concello introduce novas melloras para facilitar aos cidadáns as súas xestións tributarias
A incorporación de máis posibilidades nas pasarelas de pago e a opción de facer autoliquidacións na web municipal son dúas das melloras que vén de introducir a administración municipal en beneficio dos cidadáns. As novidades, que se están a introducir de forma progresiva e continuarán en 2007, foron presentadas polo concelleiro de Facenda e Orzamentos, Xaquín Fernández Leiceaga.
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
As empresas Aceiro e T44 fanse co Premio Manuel Beiras polos seus esforzos en prol da normalización do galego
Os establecementos comerciais Aceiro e T44, gañaron a edición 2006 do Premio Manuel Beiras, segundo anunciou en rolda de prensa o concelleiro de Política Lingüística, Manuel Portas. Con este premio recoñécese o labor en prol da normalización do uso do galego no sector empresarial. Esta edición contou con 66 participantes.
VIVENDA
Rematadas 57 novas vivendas protexidas en Conxo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto de celebración do fin de obra de 57 novas vivendas protexidas. Construíronse en réxime de cooperativa e están situadas na rúa dos Irmáns Vilar Ponte, en Pontepereda-Conxo.
UMAD
O Concello pon en marcha unha campaña para sensibilizar á xente nova sobre as consecuencias do uso e o abuso do alcol
A concelleira de Benestar Social e UMAD, Adelaida Negreira, e a directora da devandita entidade, Pilar Bermejo, presentaron en rolda de prensa o programa "Xoga sen graos", iniciativa que busca facer visibles entre a xente nova as consecuencias do uso e o abuso do alcol e que se inclúe dentro do Programa municipal de Prevención do Alcolismo Xuvenil, promovido desde a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes do Concello de Santiago.
INFRAESTRUTURAS
O Concello investirá preto de 60.000 euros na remodelación do campo da festa de Lamascal
A Xunta de Goberno local deulle o visto bo ás obras de remodelación do campo da festa de Lamascal, en San Xoán de Fecha. O concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, ofreceu os detalles en rolda de prensa, onde tamén explicou as obras de ampliación e reforma da iluminación nas rúas 25 de Xullo (As Cancelas), Pequena e Mallou de Abaixo.
CONFERENCIA SOBRE PATRIMONIO
O alcalde defende en Las Palmas a revitalización dos cascos antigos dinamizando o comercio e a poboación
O rexedor compostelán valorou moi positivamente a candidatura dos barrios de Triana e Vegueta de cara a ser declarados Patrimonio da Humanidade. Durante a conferencia, Bugallo alertou sobre o perigo de que as cidades patrimonio se convertan en parques temáticos se non se lles dota de programas específicos para dinamizalas.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello incrementa nun 50% a asignación ao programa municipal de Axuda a Domicilio
A proposta da concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, a Xunta de Goberno local deulle o visto bo á modificación do contrato de prestación do servizo de Axuda no Fogar subscrito coa empresa Geriatros, no senso de ampliar o número de usuarios.
REFUXIO
A Fundación Refuxio de Animais aproba a resolución das probas de selección para contratar novo persoal
Os membros da Fundación Refuxio de Animais, baixo a presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuníronse esta mañá en sesión ordinaria na Casa do Concello de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde viaxa a Las Palmas para apoiar a súa declaración como Patrimonio da Humanidade
Sánchez bugallo pronunciará, a petición do concello de Las Palmas, unha conferencia de apoio e asesoramento no proceso de solicitar á UNESCO que os barrios de Triana e Vegueta sexan declarados Patrimonio da Humanidade.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Noventa e unha persoas vanse reisertar laboralmente no 2006 grazas aos Programas de Cooperación do Concello e a Consellería de Traballo
Destas personas, 55 son mulleres, o que representa o 60%, e 36 homes. A través destes programas, que se extenderán ata setembro de 2007, está prevista a incorporación ao mercado laboral de 144 desempregados.