CULTURA

Compostela, capital europea do clown

31/07/2006

O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, chega por terceiro ano consecutivo á cidade de Santiago, consolidando a súa presenza nos veráns da capital galega. Ata o 6 de agosto, a cidade transfórmase no paraíso dos pallasos, do humor e da risa solidaria grazas a esta iniciativa lúdica e formativa organizada pola Concellería de Cultura.

FESTAS

As Festas do Apóstolo chegan ao seu fin co espectáculo de fogos na escalinata do Campus e a homenaxe aos Beatles na Quintana

31/07/2006

As Festas do Apóstolo chegan mañá ao seu fin tras dezaoito intensos días de gran variedade de actividades pensadas para toda a familia e para todas as idades. Unhas festas marcadas pola gran participación dos composteláns e visitantes e o civismo amosado en todas as xornadas. Os concertos congregaron a miles de persoas e as actividades nas rúas foron seguidas con gran interese e participación. Os fogos na escalinata do Campus Universitario e a homenaxe aos Beatles na Quintana, porán o broche de ouro a estas Festas do...

PLENO

Compostela dispón o seu modelo de cidade para os vindeiros 16 anos

31/07/2006

Un modelo de crecemento sostido e de calidade para case dúas décadas en Compostela. Iso é o que asegura o novo Plan Xeral de Ordenación Urbana, que quedou provisionalmente aprobado nun Pleno municipal extraordinario cos votos favorables do grupo de goberno, formado por PSOE e BNG, quedou aprobado provisionalmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O PP votou en contra. Á espera do dictame final da Xunta de Galicia, o Plan pode comezar a aplicarse plenamente a principios do vindeiro ano 2007.

INMIGRACIÓN

Dezaoito nenos e nenas inmigrantes están a participar no Programa de integración nas actividades socioculturais

28/07/2006

Rapaces e rapazas de 3 a 12 anos orixinarios de países coma Uruguai, Arxentina, Venezuela ou Rumanía están a participar durante o mes de xullo nas actividades do Programa de integración dos/as nenos/as inmigrantes nas actividades socioculturais. Ata o momento son dezaoito os apuntados, pero para o mes de agosto serán aínda máis os que se beneficien destas actividades, organizadas pola Concellería de Emigración e Inmigración.

RESTAURACIÓN

O Consorcio forma aos futuros restauradores da Capela Xeral de Ánimas

28/07/2006

O Consorcio de Santiago organiza un Obradoiro de Formación de Restauradores de Bens Culturais sobre estuco de xeso. O seu obxectivo é preparar técnicos especialistas coa fin de restaurar os retablos da Capela Xeral de Ánimas, en colaboración co Opificio delle Pietre Dure de Florencia, un dos máis prestixiosos Institutos mundiais en materia de restauración.

URBANISMO

O novo PXOM aprobarase o luns

27/07/2006

O novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) será aprobado na sesión plenaria extraordinaria convocada para o luns 31 de xullo ás 12 da mañá. Ratificarase así o acordo global sobre o texto ao que chegaron os dous grupos municipais do Goberno, PSOE e BNG, tras meses de traballo e de estudo das alegacións. Así, á espera do dictame final da Xunta de Galicia, o texto podería quedar aprobado definitivamente en Nadal ou xaneiro.

Compartir: