EDUCACIÓN

A Escola de Verán tamén abre as súas portas en setembro

31/08/2006

Por quinto ano consecutivo ponse en marcha a Escola de Verán na súa edición de setembro. Do luns 4 ao venres 8 de setembro celebraranse as actividades deste programa, organizado polo Departamento de Educación e Mocidade, en colaboración con diversas asociación da cidade, como Don Bosco, Asociación Galega para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ou Asociación Xuvenil de Cruz Vermella, entre outros.

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Os clientes dos comercios da cidade disporán dun servizo de coidado e atención dos nenos

31/08/2006

A Concellaría de Promoción Económica pon en marcha, o sábado 2 de setembro, un servizo de atención e coidado para os fillos dos clientes que fagan as súas compras nos comercios da cidade. Deste xeito, os pais poderán visitar tranquilamente os establecementos mentres os rapaces xogan e se divirten baixo a supervisión de coidadoras especializadas en atención á infancia.

CULTURA

Riscadela e Alvariza pechan Música na Rúa

30/08/2006

As actuacións de Riscadela e de Alvariza o xoves 31 poñen fin a unha nova edición de Música na Rúa. Foron doce xornadas ao longo do mes de agosto nas que veciños e turistas puideron gozar en directo dos ritmos máis tradicionais de Galicia.

TURISMO

Unha visión diferente de Compostela a través dos seus conventos

29/08/2006

Durante este verán, os turistas que chegan a Compostela están a descubrir máis polo miúdo os conventos da cidade. As visitas específicas programadas por Turismo de Santiago e a exposición "Intramuros", promovida polo Consorcio, están a facilitar este coñecemento exhaustivo.

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Empresarios composteláns e latinoamericanos reuniranse en Santiago para fomentar o investimento de sociedades de capital foráneo

28/08/2006

O Auditorio de Galicia acollerá entre os días 25 e 27 de setembro próximos un encontro no que participarán representantes de sociedades mercantís da cidade e de empresas latinoamericanas. O obxectivo é facilitar o investimento en Santiago de Compostela de empresas de capital foráneo, e en especial as procedentes de países cos que mantemos especiais vínculos de relación a tódolos niveis.

Compartir: