CEMITERIOS

Medra a utilización do servizo de incineración en Compostela

31/10/2006

A opción da incineración é cada vez máis utilizada polos habitantes de Compostela e do seu contorno. Dende outubro do pasado ano, realizáronse 160 incineracións no crematorio de Boisaca, segundo anunciou a concelleira de Cemiterios, Marta Álvarez-Santullano.

CULTURA

Máis de 120 filmes na vixésima edición de Cineuropa

31/10/2006

Un ano máis, Cineuropa non falta á súa cita do mes de novembro. Do 2 ao 30 de novembro, Compostela énchese de cinema grazas a un festival que este ano chega á súa vixésima edición. Proxectaranse máis de 120 filmes, un 50% máis que o pasado ano.

TRANSPORTES

De novo en funcionamento as escaleiras mecánicas da Estación de Autobuses

31/10/2006

O martes 31 de outubro comezan a funcionar as novas escaleiras mecánicas da Estación de Autobuses, despois dun longo período de inactividade, motivada pola imposibilidade de reparalas por non existir recambios. No novo mecanismo, facilitará o acceso da dársena á sala de espera e expedición de billetes, investíronse uns 306.000 euros.

URBANISMO

Reaxustes nas rúas do SUP-6 da Choupana

30/10/2006

A Xunta de Goberno local aprobou inicialmente o estudio de detalle na rúa da Choupana do solo urbanizable programado número 6 (Sup-6) de Santa Marta. Este documento, elaborado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA), "axusta as aliñacións correctamente", tal como indicou o concelleiro de Urbanismo, Luís Toxo.

BENESTAR SOCIAL

"Educación de Rúa" actúa fronte ao risco de exclusión social

30/10/2006

Co obxectivo de previr riscos sociais xorde "Educación de rúa", un programa dirixido fundamentalmente a nenos e adolescentes en situación de risco social. A iniciativa porase en marcha nos barrios de San Pedro e Fontiñas, durante un período de oito meses.

ALCALDÍA

O alcalde recibe á Asociación Fuco Buxán de Ferrol

30/10/2006

O alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo reuniuse con representantes da Asociación Fuco Buxán de Ferrol. Durante a xuntanza falaron da preparación da "Homenaxe de Galicia a Isaac Díaz Pardo", que a asociación ferrolá está a levar a cabo.

Compartir: