NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A orixe do Meco, en galego

31/01/2008

A Concellería de Normalización Lingüística vén de pór en marcha unha iniciativa coa fin de asociar os personaxes típicos da nosa cultura co uso da lingua galega. Por iso e, a propósito do Entroido, estanse a repartir 8.000 exemplares dun folleto lúdico-educativo sobre o Meco.

PLENO

Seis mil clientes veranse afectados en Compostela pola supresión da tarifa nocturna

31/01/2008

Uns 6.000 clientes de Santiago, 450 deles no Casco Histórico, son usuarios da tarifa nocturna e veranse afectados pola súa supresión. Por este motivo, o Pleno municipal, co voto favorable do grupo de Goberno, aprobou unha moción presentada polo BNG na que se insta ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ao mantemento da tarifa nocturna ou, no seu caso, á creación dun sistema de tarificación semellante.

ALCALDÍA

O foro España-Xapón reunirase en Santiago en outubro de 2008

31/01/2008

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu á Feira Internacional de Turismo, FITUR, para asistir aos actos convocados polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Previamente visitou, acompañado do concelleiro de Turismo, o stand de Galicia.

PROXECTO URBANO

Urbana Santiago Norte, unha iniciativa para a rexeneración dunha área de máis de 15.000 habitantes

31/01/2008

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou en público e a toda a cidadanía o programa Urbana Santiago Norte. Nun acto celebrado no Conservatorio Profesional de Música e acompañado polo tenente de alcalde, Néstor Rego, deu así a coñecer un programa ilusionante que aspira a dinamizar e a rexenerar económica e socialmente os barrios do norte da cidade, cun investimento de máis de 15 millóns de euros.

TURISMO

Santiago, premiada en FITUR pola súa xestión da calidade turística

31/01/2008

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, recolleu o diploma que outorga a Secretaría Xeral de Turismo a Santiago de Compostela pola continuidade na aplicación do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino. Santiago ten xa 124 empresas turísticas adheridas a esta marca de calidade.

UMAD

"Lazos": a superación de barreiras persoais en imaxes

30/01/2008

As instalacións da Escola Profisional de Aveiro (Portugal) acollen a presentación da curtametraxe Lazos, realizada grazas á colaboración desta institución con pacientes da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD).

UMAD

O xuíz de menores Emilio Calatayud dá unha charla a mozas e mozos composteláns

30/01/2008

Emilio Calatayud, xuíz titular do Xulgado de Menores número 1 de Granada, coñecido polas súas sentenzas educativas, estará en Santiago de Compostela o venres 1 de febreiro. Ás 10.30 horas manterá no Auditorio de Galicia un encontro cos medios de comunicación, no que estará acompañado pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín. A continuación, sobre as 11.00 horas, ofrecerá unha charla sobre os dereitos e deberes dos novos no ámbito da Lei do Menor a un grupo de 240 alumnos de 3º e...

Compartir: