ALCALDÍA

O alcalde prega ao Apóstolo polo éxito do Xacobeo 2010

30/12/2007

O alcalde compostelán, como Delegado Rexio na tradicional Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago para conmemorar a translación dos seus restos, invocou ao Santo sobre algúns temas de actualidade, coma terrorismo, a violencia de xénero ou o vindeiro Xacobeo 2010.

CONSORCIO

O Consorcio inicia a rehabilitación da Casa do Deán, obra que conta cun orzamento de 600.000 euros

28/12/2007

A "Casa do Deán", un dos edificios máis emblemáticos de Santiago, catalogado como edificación monumental e pazo urbano característico da arquitectura civil e barroca da cidade, vai a ser rehabilitado polo Consorcio de Santiago. Trátase de poñer en valor o patio da Parra e as dependencias anexas e mellorar o espazo de acollida e recepción de peregrinos. Na Casa do Deán xa se atopa a Oficina que expide a "Compostela", documento que certifica que o peregrino fixo o Camiño de Santiago.

CONSORCIO

Máis de 212.000 persoas visitaron as dúas exposicións do antigo Banco de España, organizadas polo Consorcio de Santiago

28/12/2007

O próximo luns, 31 de decembro, pecha as súas portas a exposición "Santiago dC". Desde a súa inauguración o pasado 25 de abril, con motivo do XV aniversario da creación do Consorcio de Santiago, máis de 82.000 persoas se achegáron ata esta exposición que reflicte a relación existente entre a memoria da cidade e o seu futuro, a relación entre o pasado e os proxectos que a transformaron e ampliaron.

CULTURA

Compostela acolle a presentación da curta de plastilina 'Leo'

28/12/2007

Plastilina animada con aire a drama, iso é o que os asistentes á estrea de 'Leo' poderán ver o sábado 29 no Teatro Principal. A curta forma parte da serie 'Sombras na noite', que conta coa colaboración de actores como Carlos Blanco, Pico Oliveira, Ernesto Chao ou Víctor Mosqueira entre outros. O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, mostrou o seu apoio a este proxecto na presentación do evento.

ALCALDÍA

Dúas mil novas vivendas protexidas para o 2008

28/12/2007

O alcalde amosouse satisfeito do labor da empresa municipal de vivenda Emuvissa, que celebrou o mércores 26 o último consello de administración do ano. Nel aprobouse o orzamento para o 2008, que ascende a 35 millóns de euros.

EDUCACIÓN

O alcalde comparte cos nenos composteláns a primeira xornada de Nadalxogo

27/12/2007

Como cada ano por estas datas, o Concello compostelán pon en marcha o programa Nadalxogo, cunha ampla oferta de obradoiros e actividades para facer as delicias dos máis pequenos. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu o pistoletazo de saída a esta nova edición que permanecerá aberta ata o vindeiro 4 de xaneiro.

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago recibe do Ministerio de Economía e Facenda o edificio do Banco de España, valorado en máis de 4 millóns de euros

27/12/2007

O alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, manifestou trala reunión do Consello de Administración do organismo interadministrativo que o Ministerio de Economía e Facenda do Goberno Central tansferiu a propiedade do edificio do antigo Banco de España ao Consorcio coa finalidade de convertelo no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

PLENO

O último pleno do ano dá o visto ao seu regulamento, que supón a creación dun Rexistro de Intereses e dun Debate anual do Estado do Concello

27/12/2007

O pleno da Corporación aprobou na súa última xuntanza de 2007 o documento que rexirá o seu funcionamento. Cos votos a favor dos grupos que sustentan o gobeno saiu adiante o Regulamento Orgánico Municipal do Pleno do Concello de Santiago de Compostela, nunha sesión na que tamén se aprobaron por unanimidade a proposta de apoio á declaración da Torre de Hércules como Ben do Patrimonio Muncial e o irmandamento coa cidade italiana de Pisa.

Compartir: