EDUCACIÓN

Premio educativo para un método de traballo da lóxica matemática nas aulas

30/11/2007

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo entrega dos V Premios Educacompostela 2007. Estes galardóns teñen por obxectivo recoñecer, promover e difundir aqueles materiais educativos que poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e renovación pedagóxica.

CENTROS SOCIOCULTURAIS

"FotogrÁFRICA", as imaxes da SIDA a través da mirada dos afectados

30/11/2007

A exposición está financiada pola Axencia Española de Cooperación Internacional e pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galiza.
Un proxecto, catro fotógrafos. Un continente, catro países. Con estas premisas traballou Médicos do Mundo para crear unha exposición colectiva que baixo o título de "FotogrÁFRICA, vidas arredor da SIDA", achega as vivencias, os soños e as esperanzas de persoas africanas afectadas polo VIH/SIDA.

CONSORCIO

Máis de 4.000 persoas visitaron a exposición "Galicia no gravado antigo"

30/11/2007

Dende a súa inauguración o 19 de outubro, máis de 4.000 persoas achegáronse á exposición "Galicia no gravado antigo", unha mostra da Colección Puertas Mosquera, que recolle unha das mellores coleccións privadas de gravados que existen sobre Galicia. Organizada polo Consorcio de Santiago, en colaboración coa Universidade Compostelá e a Fundación Caixa Galicia, a mostra pecha as súas portas o domingo 2 de decembro.

TURISMO

Compostela, Xerusalén e Roma debaten estratexias comúns

29/11/2007

Compostela, Xerusalén e Roma son as protagonistas do I Congreso Internacional de Cidades de Peregrinación. O Hotel Monumento San Francisco acolle entre o 29 e o 30 de novembro un encontro no que se analizan os problemas comúns e se debaten estratexias de futuro.

COMERCIO

O Plan de Excelencia Comercial potenciou a Compostela como capital de compras da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

29/11/2007

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentaron os resultados do Plan de Excelencia Comercial. O PEC, asinado o 13 de novembro do 2006 entre ambas entidades, contou cun orzamento de 289.022 euros (146.238 euros achegados polo Concello, e 142.784 pola Deputación).

Compartir: