INFRAESTRUTURAS

O novo aparcadoiro do Clínico estará listo para antes do verán de 2008

30/04/2007

A Xunta de Goberno deu o visto bo ao proxecto de execución do aparcadoiro público subterráneo da Choupana, nas inmediacións do Hospital Clínico. Unha vez modificado o proxecto, acometerase definitivamente a obra, na que se investirán 3.599.972 euros (4.175.967 con IVE). As obras do aparcadoiro teñen un prazo de execución de 1 meses, polo que estará listo antes do verán de 2008.

LIMPEZA

Visto bo ao proxecto de regulamento para o Punto Limpo

30/04/2007

O Goberno local aprobou o proxecto do Regulamento de uso do servizo público municipal "Punto Limpo". A norma establece os tipos de residuos admitidos, o modo de utilización do servizo e os dereitos e deberes dos usuarios. O documento será sometido á aprobación definitiva do Pleno municicipal.

DEPORTES

Nova convocatoria do Concurso de Fotografía Deportiva

30/04/2007

A Concellería de Deportes convoca o XI Concurso de Fotografía Deportiva. O Goberno local aprobou o orzamento da actividade, 3.400 euros, dos que 2.050 se destinarán a premios, así como as bases do concurso.

ALCALDÍA

Compostela acolleu a XIII Xuntanza de Ril

28/04/2007

A Asociación de Transplantados do Ril de Santiago (Tras-Ril-San) celebrou unha nova edición da súa reunión anual. Este ano coincidiron coa celebración dos 15 anos do primeiro transplante en Santiago.

CULTURA

Inaugurada unha nova edición da Feira do Libro

28/04/2007

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou oficialmente a XXVI Feira do Libro de Santiago de Compostela, que permanecerá no Paseo Central da Alameda ata o 6 de maio.

MEDIO AMBIENTE

Compostela conta xa co seu primeiro Punto Limpo

27/04/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o Punto Limpo do Polígono Tambre, acto que contou coa presenza do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.

Compartir: