TENENCIA DE ALCALDÍA
Recepción ao alcalde da cidade marroquí de Alhucemas
O tenente de alcalde, Néstor Rego, recibiu en Raxoi ao alcalde da cidade marroquí de Alhucemas, M. Mohamed Boudra.
TURISMO
Turismo de Santiago ofrece visitas guiadas para todos os días do verán
A Empresa Municipal de Turismo pon en marcha este verán "Compostela walking Tours", un conxunto de visitas guiadas que abarca todos os días da semana e permite coñecer a cidade, os seus conventos de clausura, igrexas e edificios contemporáneos; a súa vocación gastronómica e a súa sorprendente estampa nocturna.
ALCALDÍA
Santiago presidirá a Conferencia de Cidades do Arco Atlántico no mandato 2007-2009
Compostela obstentará a presidencia da organización das cidades atlánticas durante o mandato 2007-2009, relevando no cargo á cidade escocesa de Cardiff. A proposta presentada polo alcalde santiagués, Xosé A. Sánchez Bugallo, conseguiu os votos de todos os membros da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico.
CULTURA
Cita coa música de cámara de Galicia
Do 22 ao 29 de xullo, os afeccionados á musica de cámara teñen unha cita co Festival Cameralia. Máis de cen destacados profesionais de varios países darán concertos polas principais cidades de Galicia, cunha especial programación reservada a Santiago de Compostela.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Máis de 80 expositores participarán na Feira do Comercio de San Pedro
Dentro do programa de actividades das súas festas, o barrio de San Pedro celebrar unha Feira do Comercio. Será o sábado 30 de xuño e está prevista a participación de máis de 80 expositores.
ALCALDÍA
Santiago será sede dunha exposición itinerante organizada pola Conferencia de Cidades do Arco Atlántico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou nas reunións dos grupos de traballo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA) que se está a celebrar en Chester (Inglaterra) e que versaron sobre desenvolvemento urbano e cidades portuarias; cultura e patrimonio e desenvolvemento económico.
ALCALDÍA
Santiago participará na Conferencia de Cidades do Arco Atlántico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxa a Chester (Inglaterra) para asistir á VIII Asemblea Xeral da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA).
EMPRESAS MUNICIPAIS
Constituídos os Consellos de Administración de Incolsa e Emuvissa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu no Pazo de Raxoi os primeiros consellos de administración das empresas municipais Incolsa e Emuvissa trala toma de posesión da nova corporación e en base aos nomeamentos aprobados no pleno do día 25 de xuño.
ALCALDÍA
Compostela foi escenario da entrega das 127 bandeiras azuis de Galicia
O Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto de entrega das 127 bandeiras azuis con que foi premiada Galicia pola Fundación para a Educación Ambiental. 119 praias e 8 portos recibiron este distintivo, o que converte á nosa Comunidade Autónoma na máis premiada de España pola calidade das augas do seu litoral.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os gañadores da edición de primavera do Concurso de Escaparatismo recibiron as súas bandas
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, acompañado de representantes das asociacións comerciais, entregou as bandas que recoñecen aos gañadores da edición de primavera do IV Concurso Municipal de Escaparatismo.