ALCALDÍA
O pulo á vivenda protexida, ao solo empresarial e ás grandes obras de infraestruturas, principais obxectivos do alcalde para este curso político
O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, desgranou en rolda de prensa os asuntos nos que o goberno municipal centrará os seus esforzos durante o curso político que comeza tralas vacacións estivais. Entre as prioridades atópanse o desevolvemento do PXOM unha vez sexa aprobado definitivamente pola Consellería de Política Territorial; continuar o esforzo en materia de vivenda protexida e de solo industrial; ou darlle un importante pulo a obras de grande relevancia como o terceiro carril do periférico, a duplicación...
DEPORTES E SEGURIDADE
Máis de 120 efectivos municipais velarán polo desenvolvemento da chegada a Santiago da Volta Ciclista a España
O domingo 2 de setembro chega a Santiago a segunda etapa da Volta Ciclista a España, motivo polo cal o Concello compostelán ten preparado un amplo dispositivo que velará polo correcto funcionamento desta importante cita deportiva. A partir das 5 da tarde comezarán a chegar os corredores pola carreteira da Estrada e percorrerán as rúas da cidade ata finalizar en Salgueiriños cun percorrido urbano para que quen queira se acerque e vexa a ciclistas da talla de Óscar Pereiro ou Menchov.
CONSORCIO
Máis de 54.000 persoas visitan as exposicións organizadas polo Consorcio de Santiago no Banco de España e na igrexa de Santa Mª do Camiño
As mostras "Santiago dC" e "Unha provocación construtiva" son un atractivo engadido para os visitantes que percorren as rúas do casco histórico compostelán.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Santiago ofrécese para acoller a Semana da Moda de Galicia
A capital de Galicia conta coas mellores infraestruturas de comunicación e hoteleiras para a organización do evento. Así mesmo, a Semana da Moda de Galicia obtería maior repercusión mediática mundial ao ser Compostela unha cidade con gran proxección internacional.
A sede da SGAE en Vista Alegre comezará a funcionar a segunda quincena de outubro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi ao delegado xeral da SGAE para Galicia, Asturias e Cantabria, Javier Vidal, que se achegou ata a capital galega para planificar co rexedor a inauguración e a posta en marcha da sede da institución en Santiago unha vez que se remataron as obras.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O 31 de agosto remata o prazo para solicitar axudas destinadas a empresas de nova creación
O 31 de agosto remata o prazo para solicitar as axudas do programa Incentivos para a creación de novas empresas en Santiago de Compostela, incluído dentro de Compostela Activa 2007. Este ano o seu orzamento increméntanse un 33%, pasando dos 30.000 euros do 2006, dos que se beneficiaron 29 firmas, a 40.000 euros. O obxectivo destas subvencións é axudar economicamente aos novos proxectos empresariais ou novos autónomos a consolidar os seus negocios.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello dálle o visto bo á tarificación por minuto nos aparcamentos públicos da cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recén incorporado das súas vacacións estivais, vén de presidir unha Xunta de Goberno Local extraordinaria que tivo como punto central a aprobación da tarificación por minuto nos párkings públicos de cidade xestionados en réxime de concesión administrativa.
TURISMO
Unha delegación de Luxemburgo visita o Concello para explicarlle ao alcalde de primeira man os actos conmemorativos dos 20 anos do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi a un grupo de membros do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais de Luxemburgo, que están en Santiago para preparar os actos conmemorativos dos 20 Anos do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán condena enerxicamente o atentado terrorista que tivo lugar en Durango
Xosé A. Sánchez Bugallo manifestou a súa máis enérxica condena do atentado que a banda terrorista ETA perpetrou na madrugada do día 24 de agosto na localidade vasca de Durango.
CULTURA
Recta final dos festivais D'Gorra e Feito a Man
Aínda quedan tres días para desfrutar das actuacións dos festivais D'Gorra e Feito a Man ata que baixen definitivamente o telón o día 26. Para venres, sábado e domingo presentan unha ampla e variada oferta que detallamos de seguido.