ALCALDÍA

Un novo lugar para a memoria en Compostela

28/09/2007

A lembranza do profesorado, persoal e estudantes da Universidade de Santiago represaliados no período 1936-42 faise presente a través da obra que esculpiu Acisclo Manzano e que se vén de inaugurar no Campus Sur. Compostela ten deste xeito, un novo icono para a memoria respecto a unhas persoas obrigadas a afastarse da docencia e a ao exilio.

PROMOCIÓN ECONÓMICA

REDEL analizou a calidade no emprego e o desenvolvemento económico

28/09/2007

A calidade no emprego, a procura dun modelo de financiamento sostible para os entes locais e a importancia das infraestruturas no desenvolvemento económico son tres dos temas debatidos na primeira Asemblea de REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local, que se celebrou en Compostela os días 27 e 28 de setembro.

TURISMO

Santiago promove o seu turismo nos novos mercados do Leste

27/09/2007

Santiago de Compostela asiste do 22 ao 29 de setembro, xunto a outras doce cidades españolas Patrimonio da Humanidade, ás xornadas organizadas por Turespaña para contactar con axentes de viaxes e turoperadores en Varsovia, Sofía e Budapest.

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O obradoiro de emprego Compostela Natural permitirá rexenerar as ribeiras do Sarela e construír un albergue de cabalos no Monte do Gozo

27/09/2007

O venres 28 de setembro iniciase o Obradoiro de Emprego Compostela Natural, desenvolvido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Conta cun orzamento de 1.173.865,54 euros achegados pola Consellería de Traballo. As clases teóricas impartiránse no Centro de Formación Ocupacional Sanxuás de Aríns.

ALCALDÍA

Santiago colaborará cos países bálticos en varios proxectos relacionados co desenvolvemento sostible

27/09/2007

Durante a súa intervención na sesión inaugural da IX Conferencia Xeral da Unión de Cidades do Báltico (UBC), Sánchez Bugallo fixo unha breve presentación do proxecto político da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA), actualmente presidida por Compostela. As liñas mestras deste proxecto centraranse no desenvolvemento sostible aplicado de forma transversal a todas as áreas de traballo, a través da implantación dunha axenda local 21 que pretende facerse extensiva a todas as cidades membro da CCAA.

Compartir: