ALCALDÍA
O alcalde e o presidente da Xunta comprometen lealdade e colaboración en prol do éxito do Xacobeo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, realizou unha visita institucional ao Concello, onde mantivo unha reunión co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Da mesma saíu un compromiso de máxima colaboración para asuntos como o Xacobeo 2010 ou a posta en marcha progresiva da Cidade da Cultura.
ALCALDÍA
As entrada do AVE na cidade afectará en distinto grao a unhas 70 edificacións
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, amosou a súa comprensión aos veciños afectados polas expropiacións necesarias para a entrada do AVE na cidade. Por ese motivo, e a iniciativa do Concello, o luns 25, estes veciños foron informados directamente por ADIF deste proceso.
BENESTAR SOCIAL
O Programa de Educación de Rúa promove a participación comunitaria en nove barrios da cidade
Vénse desenvolvendo dende marzo unha nova edición do Programa de Educación de Rúa, unha das liñas de actuación da Unidade de Atención a familias (UAF) no marco do I Plan Municipal de Servizos Sociais. Esta iniciativa lévase a cabo nos barrios de Fontiñas, Sar, Amio, San Lázaro, Conxo, Santa Marta, Choupana, A Rocha e Volta do Castro.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu en Raxoi ao Nobel de Química Jean-Marie Lehn
O Premio Nobel de Química en 1987, o francés Jean-Marie Lehn, abriu a cuarta edición do Programa ConCiencia, organizado pola USC e o Consorcio de Santiago. O seu paso por Santiago incluíu unha visita a Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PERSOAL
O Concello pon en marcha una plataforma de formación "on line"
Os traballadores municipais xa poden realizar gran parte dos cursos contemplados no Plan de Formación do Concello a través de internet. Isto é posible grazas ao lanzamento da nova plataforma on line de formación: www.compostelaformacion.org. Os dous primeiros cursos comezarán o 10 de xuño e xa está aberto o prazo de inscrición para os mesmos.
PLENO
O Pleno ratifica o compromiso municipal co uso da bicicleta como transporte alternativo
A Corporación municipal aprobou definitivamente en Pleno a adhesión de Santiago á Rede de Cidades pola Bicicleta, así como os seus estatutos e cotas. Esta Rede celebrou a súa sesión constitutiva o 13 de marzo en Sevilla e Santiago forma parte da súa xunta directiva.
ALCALDÍA
A rúa Londres converterase nun bulevar urbano con nova iluminación, cen árbores e carril bici
Seguindo o modelo da xa reformada rúa Berlín, o barrio de Fontiñas afrontará a partir do luns 1 de xuño a reurbanización da rúa Londres. Esta actuación, que afectará a un tramo de 550 metros de lonxitude, suporá un investimento de 2,5 millóns de euros con cargo ao Fondo de Investimento Local (FIL). O obxectivo municipal é que as obras estean listas o 24 de decembro.
CONSORCIO
O Consorcio premia un ano máis a recuperación de espazos urbanos nas cidades históricas América Latina
O Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana alcanza a súa terceira edición. Este galardón, creado polo Consorcio de Santiago en colaboración coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, pretende recoñecer e fomentar iniciativas públicas de creación e recuperación de ámbitos de cohesión nas cidades históricas de América Latina, a través da...
TURISMO
Santiago mantén o número de pernoctacións no primeiro cuatrimestre
Santiago acumula no primeiro cuatrimestre de 2009 un total de 291.310 pernoctacións, mantendo practicamente as 292.499 do 2008, cunha baixada técnica do 0,41%, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Santiago mantén os datos do ano precedente nun entorno de crise económica que está a afectar ao sector turístico do conxunto do Estado e de Galicia. No primeiro cuatrimestre produciuse unha baixada do 10,7% no Estado e en Galicia a baixada foi do 14%.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Unha empresa nacida no Compostela Equal Social, pioneira en España na rodaxe con plastilina e coa técnica da stop-motion
A concelleira de Cultura, Socorro García, e o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, visitaron os estudios de Artefacto Producións, onde a produtora compostelá está rodando O Apóstolo, primeira película de España que se filma enteiramente con plastilina seguindo a técnica stop-motion, empregada noutras películas como A noiva cadáver, de Tim Burton. Na visita tamén estiveron os actores Carlos Blanco e José Manuel Olveira "Pico", que.../em>