PLENO

Nova ordenanza reguladora do Programa de Axuda no Fogar

30/04/2009

O Pleno municipal aprobou inicialmente por unanimidade a nova ordenanza reguladora do Programa de Axuda no Fogar. Esta norma regula unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, doméstico, psicosocial, educativo, técnico e comunitario prestadas dentro ou fóra do domicilio a aqueles cidadáns con situacións de limitada autonomía persoal ou en casos de desestruturación familiar.

XUVENTUDE

Finais de folk e pop-rock en "MúsicaXove’09"

30/04/2009

A segunda edición do Certame MúsicaXove, organizado pola Concellaría de Xuventude, celebra o xoves 30, ás 22:00 horas, na Sala Capitol, a súas últimas finais por categorías. Será unha dobre sesión de boa música con grupos de autor-folk (Perpetradores de Actor, Liridade Noctámbula e Roberto Sobrado) e de pop-rock (Frab Fly, Agoraphobia e Dirty Socks).

INFRAESTRUTURAS

A reurbanización do Campus Sur apostará por máis espazos peonís e polo carril bici

29/04/2009

O Campus Sur vai a mudar de cara nos vindeiros anos, grazas a un amplo proxecto de reurbanización que dotará a esta área de amplos espazos peonís e dun carril bici ao longo da mesma. A primeira fase desta reforma comezará á volta do verán probablemente na avenida de Antonio Raimundo Ibáñez, no contorno do estanque.

ALCALDÍA

Constituída a Comisión de Comunicación do Grupo de Cidades Patrimonio

29/04/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu en Raxoi a constitución da Comisión Informativa de Comunicación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Nesa xuntanza participaron os responsables de comunicación das trece cidades do Grupo.

Compartir: