PLENO

O alcalde defende unha xestión xeradora dunha cidade social, dinámica e preparada para o futuro

29/11/2008

Por primeira vez, celebrouse en Raxoi o Debate sobre o Estado do Concello, na que o alcalde falou sobre situación do Concello e as liñas mestras da súa acción de Goberno. Na súa intervención, Sánchez Bugallo, defendeu un modelo de xestión grazas ao cal, na súa opinión, ten deixado unha cidade que "vive hoxe un momento de esplendor e que ten en execución importantes proxectos que nos axudarán a paliar as consecuencias da tormenta económica".

RÉXIME INTERIOR

Constituída a Comisión Especial de Queixas e Suxestións

28/11/2008

Baixo a presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, celebrouse en Raxoi a sesión constitutiva da Comisión Especial de Queixas e Suxestións. Nace así un órgano encargado de defender os dereitos dos veciños nas súas relacións coa Administración municipal.

ALCALDÍA

O Concello colabora con 13.000 euros na promoción do Bacharelato Internacional

28/11/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, asinaron un novo convenio de colaboración para a promoción e o mantemento do Bacharelato Internacional que se imparte no instituto santiagués desde 1.989. Esta colaboración enmárcase na política do Concello de potenciar todas as iniciativas que permitan mellorar as ofertas educativas, especialmente dirixidas aos composteláns máis novos.

ALCALDÍA

Santiago podería recibir entre 12 e 16 millóns de euros do fondo extraordinario previsto polo Goberno central

28/11/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a cantidade de 124 millóns de euros prevista polos orzamentos municipais para 2009 podería incrementarse entre 12 e 16 millóns de euros en función da achega que finalmente reciba Santiago do fondo extraordinario de investimento público creado polo Goberno central para os concellos. A capacidade de investimento podería tamén incrementarse se o Estado aumenta o límite legal de endebedamento dos municipios.

REFORMA ADMINISTRATIVA

"Santiago Contigo", unha aposta pola administración electrónica

28/11/2008

O Concello de Santiago de Compostela veu realizando unha serie de actuacións no eido da modernización e implantación da administración electrónica ao longo de 2008. Recibiu a denominación xenérica de Santiago Contigo.

TURISMO

Constitúese o Consello Sectorial de Turismo

28/11/2008

O luns 1 de decembro constituirase oficialmente o Consello Sectorial de Turismo do Concello de Santiago, despois de que o seu regulamento se aprobase polo totalidade do pleno do Concello o 26 de xuño e se seguisen todos os trámites administrativos correspondentes. A Concellaría de Promoción Económica e Turismo pulou pola comisión deste Consello, concibido coma un foro no que todos os axentes vinculados co sector podan dialogar, colaborar e asesorar na política turística municipal.

CULTURA

Chega a Cineuropa 2008 a sesión especial "Palestina en loita"

28/11/2008

O Festival Cineuropa introdúcese de cheo nun dos conflitos máis candentes do panorama internacional contemporáneo: o enfrontamento entre Israel e Palestina. O domingo 30 de novembro a partir da medianoite proxectaranse dúas obras que, dende formatos e linguaxes moi diferentes, analizan a situación de Oriente Próximo nas últimas décadas.

Compartir: