EDUCACIÓN
Os máis pequenos exhiben o seu talento artístico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, clausurou as actividades do Obradoiro de Arte "Artellando", na Escola Infantil Municipal de Conxo, coa exposición de todos os traballos realizados durante o curso escolar 2007-2008.
TRANSPORTES
Comeza a funcionar o horario de verán no servizo de transporte urbano
O martes 1 de xullo entra en vigor o horario de verán dos autobuses urbanos. As modificacións mantéñense na liña de anos anteriores e poden consultarse na páxina web de TUSSA. A empresa xestora do transporte urbano celebrou o seu Consello de Administración, onde se adxudicou a creación da nova páxina web da entidade e tamén un lector de matrículas de saída no aparcadoiro vixiado de Xoán XXIII.
XUNTA DE GOBERNO
Melloras no pavimento da beirarrúa da rotonda do Restollal
A Xunta de Goberno local adxudicou provisionalmente as obras de reposición e reparación de pavimento na beirarrúa da rotonda do Restollal. Esta actuación está presupostada en 56.950 euros.
CULTURA
Inaugúrase a exposición "Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo"
O martes 1 de xullo, ás 20:00 horas, na sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, inaugurarase a mostra Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo, organizada pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais.
TURISMO
"Curtocircuíto na Rúa" leva as mellores curtas ás prazas de Compostela
Presentouse Curtocircuíto na Rúa, o ciclo de curtas que converterá as prazas do Casco Histórico en salas de cinema. Os xoves de xullo e agosto proxectarase unha serie de sete programas temáticos que reunirán máis de 60 curtametraxes de todo o mundo.
COMERCIO
Os comerciantes teñen de prazo ata o 7 de xullo para inscribirse na edición de verán de Escaparatismo
A Xunta de Goberno aprobou as bases do V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2008, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Ábrese así o prazo de inscrición na tempada de Verán do Certame, que remata o luns, 7 de xullo.
DEPORTES E MOBILIDADE
O Concello instalará unha pantalla xigante na Praza Roxa para presenciar a final da Eurocopa entre España e Alemaña
O Concello de Santiago colocará unha pantalla xigante na Praza Roxa para todos aqueles afeccionados que queira presenciar a final da Eurocopa entre España e Alemaña o domingo 29 ás 20:45 horas. Esta instalación conta co patrocinio de Caixanova.
PLENO
O Pleno deu o visto bo aos orzamentos
Nunha sesión extraordinaria e monográfica, o Pleno municipal aprobou cos votos favorables do grupo de goberno os orzamentos municipais de 2008. O orzamento prevé uns ingresos de 114.527.021 euros e uns gastos 114.196.267 euros, cun superávit inicial de 330.753 euros.
URBANISMO
Vía libre ao parque científico e tecnolóxico máis importante de Galicia
A Xunta de Goberno Local do 30 de xuño daralle o visto bo á nova aprobación inicial do plan de desenvolvemento do solo urbanizable non programado número 32 de Monte Medorra-Bando, onde se construirá o parque tecnolóxico e científico de San Marcos. Suporá a posta en marcha dun plan mellorado do que o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, explicaron en rolda de prensa as principais características.
O alcalde de Santiago será o Delegado Rexio na Ofrenda ao Apóstolo
O Rei Juan Carlos designou ao alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, como Delegado Rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o vindeiro 25 de xullo, na Catedral de Santiago.