ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Os orzamentos do Estado manteñen todos os compromisos con Santiago"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, analizou os orzamentos do Estado, que vén de presentar o Goberno español, e valorou o feito de que "se manteñen todos os compromisos con Santiago". Non obstante, lamentou que se alonguen os prazos previstos para algúns proxectos como a terminal de Lavacolla ou a redución da achega do Estado ao Consorcio de Santiago.
PARQUES E XARDÍNS
Nova área de xogos para o parque da Alameda
O Goberno local adxudicou provisionalmente o subministro e instalación de equipamento para a área de xogos do parque da Alameda, por importe de 117.823 euros. Esta zona, que estará valada, contará con tres áreas de xogos segundo as idades e terá un circuíto biosaudable.
XUNTA DE GOBERNO
Nova edición do programa "Á auga patos"
A Xunta de Goberno aprobou as bases e a sinatura do contrato coa empresa XADE para o desenvolvemento do programa "Á auga patos". Este programa está destinado a escolares a partir de seis anos dos centro públicos e concertados de Santiago.
TRANSPORTE
O servizo de aluguer de bicicletas estrea horario
O Consello de Administración de TUSSA analizou nunha nova xuntanza distintos aspectos do seu funcionamento. Entre eles, destacouse o bo funcionamento do sistema de aluguer de bicicletas, COMBICI, que conta xa con 292 abonados.
TURISMO
Máis de 2.000 persoas xa se inscribiron para algunha das visitas de Vivir Compostela
Turismo de Santiago abríu o xoves 25 de setembro o período de inscricións para as visitas e actividades do Programa Vivir Compostela. Dende entón, xa teñen solicitado participar nalgunha das visitas 2.084 persoas que viven ou traballan en Santiago. O obxectivo desta iniciativa é que os propios composteláns se convertan nos mellores embaixadores da cidade.
EMPREGO
Subvención dun millón de euros para o Pacto Local polo Emprego
A Xunta de Goberno deu o visto bo á subvención de 1.023.327 euros procedente do Fondo Social Europeo para financiar unha parte do Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela 2008-2011 (PLE), deseñado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Esta cifra supón o 80% da cantidade aprobada polo Ministerio de Administracións Públicas (MAP) para o desenvolvemento do proxecto. O outro 20% (255.831,76 euros) será aportado polo Concello de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde recibe á nova directiva da asociación de veciños "Coto da Nai"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi á nova directiva da asociación veciñal "Coto da Nai", da parroquia de Aríns. Os seus membros explicáronlle as principais necesidades da parroquia en materia de limpeza, arranxo de pistas ou infraestruturas, entre outras.
MERCADOS
O Consello de Administración de MERCAGALICIA aprobou os orzamentos para 2009
O Consello de Administración de MERCAGALICIA, baixo da presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, procedeu o análise e aprobación dos orzamentos desta sociedade para o ano 2009.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Importante redución do número de denuncias por incumprimento dos horarios de peche
Ata o 31 de agosto, a Policía Local ten presentado 50 denuncias por incumprimento dos horarios de peche nos locais nocturnos, fronte ás 198 denuncias presentadas ao longo de 2007. Destas 50 denuncias, 12 eran de locais do casco histórico, fronte ás 32 do total do ano anterior.
URBANISMO
Santiago pecha en Cracovia a primeira fase dun programa europeo de vivenda social
A delegación encabezada pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reunirase o martes 30 en Siemianowice Slaskie (Polonia) con todos os membros do proxecto do URBACT, SUITE The Housing Project. A vivenda: un factor para a inclusión social e urbana e para a calidade de vida nas cidades, do que é xefe de fila.