SERVIZOS

O transporte urbano reforza os seus servizos ao cemiterio de Boisaca

31/10/2008

Con motivo da festividade do 1 de novembro e por mor do notable incremento de visitantes que ten o cemiterio de Boisaca nestes días, a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), habilitou unha serie de servizos especiais. O horario do cemiterio ata o 2 de novembro é de 9.00 a 19.00 horas.

TURISMO

Turismo de Santiago duplica o orzamento da campaña de desestacionalización

31/10/2008

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou no Pazo de Raxoi a Campaña de Desestacionalización da tempada de inverno. Santiago Repetirás dobra o orzamento respecto da anterior edición. O obxectivo é manter o atractivo da cidade nun momento de crise económica internacional, que está a afectar ao sector turístico.

CULTURA

O director arxentino Pablo Trapero será un dos Premios Cineuropa

31/10/2008

O festival de cinema Cineuropa, organizado pola Concellaría de Cultura, entregará un dos seus premios ao director de cinema bonaerense Pablo Trapero en compañía da súa compañeira Martina Gusmán. A súa quinta e última produción como director, Leonera (2008), estivo nominada á Palma de Ouro en Cannes e foi gañadora de catro premios no Festival de Lima/Encontro Latinoamericano de Cinema.

ALCALDÍA

Santiago e Albufeira, referentes de calidade turística

30/10/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao alcalde de Albufeira, Desidério Jorge da Silva. O obxecto desta xuntanza era fortalecer os vínculos institucionais entre estas dúas cidades cara a futuras colaboracións, especialmente no ámbito turístico.

URBANISMO

EMUVISSA adquire o 90% dos terreos do SUNP-12 de Lamas de Abade

30/10/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (EMUVISSA). O acordo máis importante adoptado foi a aprobación de tres mutuos acordos de expropiación no ámbito do plan de sectorización do SUNP-12 de Lamas de Abade.

PLENO

Créase a Comisión Especial de Queixas e Suxestións para defender os dereitos dos veciños nas súas relacións co Concello

30/10/2008

O Pleno municipal deu o visto bo, co voto favorable dos tres grupos municipais, á Comisión Especial de Queixas e Suxestións, cuxa sesión constitutiva se celebrará no prazo dun mes. Este órgano nace, segundo explicou a concelleira de Réxime Interior e Reforma Administrativa, Rosa Fernández, para defender os dereitos dos veciños nas súas relacións coa Administración municipal e supervisar a actuación desta.

Compartir: