XUNTA DE GOBERNO
Penalizacións polo retraso da obra de reurbanización da rúa Espírito Santo
A Xunta de Goberno, reunida en sesión ordinaria, acordou penalizar á empresa responsable da obra de reurbanización da rúa Espírito Santo polo retraso na mesma. Ademais, acordouse solicitar unha subvención para o Mercado de Gando.
CULTURA
Dúas festas pechan o Festival dos Abrazos
Na última fin de semana do Festival dos Abrazos a festa será a nota predominante, primeiro o sábado 28 cunha sesión chea de música e animación en Santa Susana, e logo con outra festa, ao día seguinte, na Zona C.
ALCALDÍA
Galeras comeza a amosar a súa nova cara
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto co concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, visitou estas dúas obras con cargo aos Fondos FEES 2010 e ao convenio de travesías, respectivamente. Ademais, pasou polas outras dúas obras en marcha no marco deste último convenio, a de Galeras-Salvadas-Vista Alegre e a de Rosalía de Castro-Choupana-Volta do Castro.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o "esforzo especial" realizado na renovación do firme de rúas e beirarrúas, con 3,6 millóns de euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto co concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, visitou algunhas das obras en marcha na cidade. A visita comezou na rúa Xasmíns, unha das vías nas que se repuxo o asfalto polo seu deterioro. Entre as rúas tamén asfaltadas figuran tamén Xoán XXIII, Hórreo e Restollal. Outro grupo de obras en marcha son as do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEESL 2010). Unha destas actuacións é a do Local das Avoas e Centro...
CULTURA
Música brasileira, hip-hop e teatro no último venres do Festival dos Abrazos
Na xornada do venres 27 do Festival dos Abrazos, o público terá a oportunidade de elixir entre a música vangardista brasileira da Banda Afrofunk, o teatro de Treceacero ou o hip-hop de O2ZEN.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Preto de 40 empresas participarán no Macc 2010 a través da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local
Un total de 37 empresas convocadas a través de REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local, da que a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo é socia fundadora, participará no Macc 2010. O Mercado Atlántico de Creación Contemporánea, que se celebrará entre o 10 e o 12 de setembro en Santiago de Compostela, é un encontro profesional multidisciplinar que ten como obxectivo a difusión e o intercambio de ideas entre creadores, artistas, produtores, xestores da cultura,...
CULTURA
O Festival dos Abrazos trae máis curtametraxes e novas propostas musicais
Sempre pendentes das modificacións propiciadas polo tempo, a xornada do xoves 26 chega novamente cargada de actividades no Festival dos Abrazos. A música e as curtametraxes son as principais protagonistas do programa do día.
EMPREGO
A Feira do Emprego contará con dúas conferencias sobre a importancia do desenvolvemento persoal
O desenvolvemento persoal é un dos temas que se analizará na I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. No evento, que se celebrará o 7 e 8 de outubro no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apio á Empresa (Cersia), situado en San Lázaro, están previstas dúas conferencias que teñen como obxectivo mellorar o autocoñecemento a través dunha análise do/a individuo/a, do entorno, e dos seus impactos.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "O mapa de titulacións universitarias debe ser respectado"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quixo reiterar a posición do Concello de "absoluto apoio" á Universidade de Santiago respecto á Facultade de Medicina. Na súa primeira comparecencia ante os medios de comunicación tras as súas vacacións, insistiu en que "o mapa de titulacións universitarias debe ser respectado".
CULTURA
O violoncellista francés Mathieu Saglio chega a Santiago da man do Festival dos Abrazos
Dentro da oferta de distintos estilos musicais proposta polo Festival dos Abrazos chega a Compostela o violoncellista francés Mathieu Saglio. Esta actuación é posible grazas ao Festival dos Abrazos, unha iniciativa organizada pola Concellaría de Cultura. Ademais desta oferta, haberá lugar para as propostas musicais doutros estilos, para o teatro mínimo e para novas curtametraxes sobre Palestina.