FESTAS

O concelleiro de Festas destaca a "masiva participación" de composteláns e turistas nas actividades do Apóstolo

31/07/2010

Despois de dezaséis días intensos de actividades, grandes concertos e diversión polas rúas de Compostela, as Festas do Apóstolo 2010 chegan esta ao seu fin. A actuación de Pereza na noite do venres 30 marcou o inicio do fin destas festas. Ante un público aproximado de 3.000 persoas, o grupo madrileño interpretou na Quintana un total de 25 temas ao longo de dúas horas.

ALCALDÍA

O novo campo de fútbol de San Lázaro terá en breve herba artificial

31/07/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, asinaron en Raxoi dous convenios de colaboración: un para a montaxe de herba artificial no campo de fútbol de San Lázaro e outro para obras de saneamento e bombeo no lugar de Rochiña (Son de Abaixo).

FESTAS

O espectáculo de Jean Michel Jarre pechará as festas do Apóstolo

30/07/2010

As festas do Apóstolo rematan cos tradicionais fogos na escalinata do campus universitario, que corren a cargo da empresa Pirotecnia Caballer e que ofrecerán un novo espectáculo de luz e son cargado de colorido. A exhibición comezará ás 24:30 horas, unha vez finalice o concerto de Jean Michel Jarre na praza do Obradoiro.

EDUCACIÓN

O II Encontro Galego de Saxofón reúne na cidade 40 novos talentos

29/07/2010

Por segundo ano consecutivo, Santiago de Compostela acolle o Encontro Galego de Saxofón, que xunta, esta vez nas instalacións da Escola Municipal de Música e no Conservatorio Profesional de Santiago, a novos saxofonistas de Galicia e do resto de España.

EDUCACIÓN

A nova Escola Infantil de Tras Parlamento comezará a funcionar en novembro

29/07/2010

A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou as obras de rehabilitación que se están a levar a cabo no edificio que ata hai un ano ocupaba o Departamento de Servizos Sociais do Concello e que, a partir de novembro, acollerá a Escola Infantil Municipal de Tras Parlamento. Acompañouna Alfonso Penela, o arquitecto responsable do proxecto de rehabilitación.

MEDIO AMBIENTE

Medio Ambiente subvenciona as plantacións forestais nos montes de Compostela

29/07/2010

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou na súa edición do 28 de xullo as Bases para o outorgamento de subvencións para plantacións forestais en montes do Concello de Santiago. Destínanse 8.000 euros para contribuír a sufragar as plantacións forestais por particulares e asociacións realizadas durante o ano 2010.

Compartir: