ALCALDÍA

O acceso á Catedral realizarase unicamente pola praza de Praterías

31/03/2010

O xoves 1 de abril será o primeiro de ensaio xeral das medidas postas en marcha para facilitar o acceso á Catedral durante o Ano Santo. Será o momento de comprobar o funcionamento do control de aforo, da prohibición da entrada de mochilas ou da circulación de persoas dentro do recinto relixioso.

COMERCIO

Aberto o prazo de inscrición na edición de primavera do VII Concurso de Escaparatismo

31/03/2010

Os comercios de Santiago de Compostela xa poden apuntarse na edición de primavera do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O 12 de abril finaliza o prazo para inscribirse no certame, enmarcado no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán e cofinanciado pola Deputación da Coruña.

TURISMO

O Consello de Administración de Incolsa aproba a formulación das contas do ano 2009

31/03/2010

O Consello de Administración de Incolsa aprobou a formulación das contas relativas ao ano 2009. As contas reflicten a situación económica da empresa a 31 de decembro de 2009. Nesta data, Incolsa tiña unha conta de resultados negativa de 484.536 euros, debido a que gran parte dos seus ingresos proceden de convenios asinados con entidades públicas, que aínda non foran ingresados a 31 de decembro, toda vez que a Lei de subvencións fai que antes de recibir os correspondentes ingresos, se teñan que pagar as facturas por parte de...

SERVIZOS

O Concello reforza o servizo de limpeza diaria durante o Ano Xacobeo

30/03/2010

Do 1 de abril ao 8 de novembro reforzarase o servizo de limpeza diaria da cidade para atender o incremento de visitantes neste período. Así se acordou na Xunta de Goberno, de tal xeito que a empresa concesionaria, Urbaser, operará nestes meses centrais do Ano Santo con dúas brigadas máis.

CONSORCIO

O Consorcio publica o mellor estudo da obra do arquitecto Fernando de Casas en Santiago

30/03/2010

A tese sobre a obra arquitectónica de Fernando de Casas en Compostela coa que Alberto Fernández doutorouse pola Universidade de Santiago é o xerme do libro que presentaron o Consorcio de Santiago e Nigratrea. Fernando de Casas. Arquitecto en Compostela é o principal estudo escrito ata agora sobre a actividade artística deste xenial arquitecto na cidade de Santiago, onde desenvolveu o groso da súa obra.

Compartir: