ALCALDÍA
A apertura da Porta Santa inicia o Xacobeo
O arcebispo compostelán, Julián Barrio, abriu grazas a tres simbólicos golpes co seu martelo de prata a Porta Santa, dando así comezo o Ano Xacobeo 2010. Nese momento, máis de 1.000 campás da diócese repicaron ao tempo uníndose á celebración. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e boa parte da Corporación, asistiron á cerimonia.
CULTURA
Manuel Vilas e Isabel Monar achegan tonadas e danzas do século XVII nun novo concerto de Todo Lírica
Todo Lírica 2009 propón unha das súas achegas máis singulares no cuarto concerto. Da man do arpista compostelán Manuel Vilas e o seu grupo Ars Atlántica, o festival acolle un orixinal programa de tonadas e danzas de zarzuelas do século XVII.
ALCALDÍA
Núñez Feijóo ofrécelle ao alcalde a máxima colaboración para "acertar" no Ano Santo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo realizou a tradicional Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago coa que se conmemora a translación dos seus restos. O delegado rexio apelou na súa invocación ao papel do Apóstolo e de Santiago, como símbolos comúns de Galicia. Ademais, pediu ao Santo a súa protección para os miles de peregrinos que acudirán a Santiago en 2010, con motivo do Ano Santo.
PLENO
O Pleno aproba a ampliación de usos de dúas parcelas para a escola infantil de Salgueiriños e un centro cívico no Avío
O Pleno municipal aprobou por unanimidade a ampliación de usos de dúas parcelas, que permitirá dúas novas infraestruturas na área norte da cidade, no marco do proxecto Urbana Santiago Norte. Trátase das futura escola infantil de Salgueiriños e dun centro cívico no Avío.
CULTURA
O espectáculo de Cirque Ici abre a programación cultural de xaneiro
"Un espectáculo de circo poboado de máquinas e de buscas sobre o movemento, sen feras nin animais, destinado a todo tipo de público maior de 10 anos". Así describiu a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, o espectáculo de Cirque Ici, unha das propostas máis singulares da programación cultural de Santiago de Compostela para abrir o ano.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas definitivamente as obras do campo e costa do Cruceiro do Gaio e da rúa San Clemente
A Xunta de Goberno municipal aprobou, entre outros asuntos, a adxudicación definitiva das obras de reurbanización do campo e costa do Cruceiro do Gaio e da rúa San Clemente, no segundo tramo da rúa Raxoi. Tamén se elevou a definitiva a adxudicación do servizo de actualización do Catastro.
FESTAS
Cotillón, fogos artificiais e baile coa Orquestra Panorama para recibir o 2010
A Concellería de Festas preparou un animado programa para celebrar o fin do ano 2009 e dar a benvida ao 2010. Haberá reparto de bolsas de cotillón na Quintana -dende onde se poderán escoltar as badaladas da Berenguela-, fogos de artificio e un multitudinario baile na praza do Obradoiro.
CULTURA
A zarzuela, protagonista no terceiro concerto de Todo Lírica no Teatro Principal
Continúan os concertos de Todo Lírica 2009, novena edición do ciclo de concertos anteriormente coñecido como Festival de Zarzuela de Santiago, que organizan a Concellaría e a Asociación Galega da Lírica. E no terceiro dos concertos, que será o mércores 30, chega o momento da zarzuela.
MEDIO AMBIENTE
A primeira "Guía verde de Santiago de Compostela" propón un percorrido alternativo e inédito pola cidade
Chega ás librerías unha guía nova de Compostela que se ocupa dun aspecto do que se ten pouco publicado ata hoxe, pese a que a capital de Galicia é unha das cidades con máis metros cadrados de parques e xardíns por habitante de toda a Península Ibérica. Trátase da Guía verde de Santiago, unha obra publicada por Alvarellos Editora e o Museo de Historia Natural da USC e que conta coa colaboración da Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable. Foi presentada no Concello, nun acto no que...
CONSUMO
A OMIC edita unha guía sobre o xoguete seguro e o consumo responsable
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), en colaboración co Instituto Galego de Consumo, editou unha guía de Xoguete Seguro e Consumo Responsable. Nesa publicación recóllense unha serie de indicacións para aconsellar aos pais e nais á hora de mercar os agasallos nestas datas do Nadal. Repartíronse 5.000 exemplares desta guía nos fogares composteláns.