XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a instalación do alumeado de Nadal nas rúas compostelás
Nunha sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente o contrato de arrendamento de equipos de iluminación para o Nadal e a súa instalación, por un total de 104.000 euros. Entre outros asuntos, abriuse un novo proceso de licitación da execución do edificio de servizos no parque Granell.
ALCALDÍA
Alvarellos Editora estrea sede na cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración da nova sede de Alvarellos Editora, radicada na rúa praza interior da rúa Sempre en Galiza, 4.
ALCALDÍA
O alcalde afirma ter actuado no Pleno cumprindo estritamente o seu regulamento
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, explicou en rolda de prensa todo o relativo ao Pleno municipal desenvolvido na xornada anterior. Nel, o voceiro do Partido Popular, Gerardo Conde Roa, foi expulsado, e o resto do grupo popular abandonou a continuación o Pleno.
ALCALDÍA
O anterior edificio da Tesourería da Seguridade Social acollerá o centro de atención aos peregrinos durante 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a Dirección Xeral da Tesourería da Seguridade Social cedeu temporalmente o antigo edificio que esta entidade ocupaba na rúa da Acibechería . O inmoble será utilizado para a atención a peregrinos e visitantes durante o Xacobeo 2010.
EDUCACIÓN
O cartel dunha alumna de sete anos do colexio Vilas Alborada será a imaxe do Nadal de Compostela
O Nadal de Santiago xa ten imaxe, tras fallarse o Concurso de Carteis de Nadal 2009. O debuxo de Sheila González Rodríguez, alumna de sete anos do Colexio Vilas Alborada, foi o gañador e será reproducido no cartel que identificará estas datas na cidade. Nesta edición participaron no certame máis de 1.100 traballos de 29 centros de ensino de diferentes niveis educativos.
CULTURA
"Setembro do 75" reivindica a memoria de Xosé Humberto Baena, un dos últimos fusilados polo franquismo
Cineuropa recupera a memoria do último galego executado pola ditadura de Franco, o vigués Xosé Humberto Baena, membro do Frente Revolucionario Antifascista e Patriota (FRAP) fusilado en setembro de 1975 durante os últimos estertores do réxime. Ás 21:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia estarán o director deste filme documental, Adolfo Dufour, e Flor Baena, irmá de Xosé Humberto. Ambos os dous participarán no coloquio que sucederá á proxección do filme.
ALCALDÍA
Nace un novo centro de creación e experimentación artística
A cidade conta cun novo espazo expositivo e de creación artística, a Factoría Compostela, situada na rúa da Conga 9. A peculiaridade desta Factoría, nacida da galería C5 Colección, é que conta tamén cunha sede na Habana (Cuba).
ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao novo embaixador de Venezuela en España
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao novo embaixador de Venezuela en España, Isaías Rodríguez.
ALCALDÍA
Romanía e Santiago tenden lazos económicos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o gobernador do Banco Nacional Romanés, Mugur Isarescu. Este atópase en Santiago para participar nun foro con empresarios galegos.
EMPREGO
Os alumnos do segundo semestre dos cursos do Plan de Formación 2009 reciben os seus diplomas acreditativos
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou os diplomas ao alumnado dos cursos do Plan de Formación 2009 desenvolvidos no segundo semestre do ano. Das 26 accións formativas programadas no plan, 19 impartíronse nos cinco últimos meses, e o resto no primeiro semestre.