XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local inicia a licitación doutras seis obras de reurbanización e de adecuación do Camiño
Nunha Xunta de Goberno extraordinaria, o Goberno local abriu o proceso de licitación doutras seis obras financiadas polo Fondo Estatal de Inversión Local. Unicamente quedan dúas obras do 33 previstas para o devandito fondo por aprobar, que irán á Xunta de Goberno do martes 3 de marzo.
ALCALDÍA
O Concello prevé conceder preto de 1.200 licenzas para vivendas tamén en 2009
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, referiuse na súa rolda de prensa semanal á concesión ás 1.164 licenzas outorgadas en 2008 para a construción de vivenda. Neste sentido, anunciou que en 2009 se vai manter tamén o ritmos construtivo, co outorgamento de entre 1.000 e 1.200 licenzas.
URBANISMO
O Concello consolida o seu modelo de crecemento ordenado co impulso a 7.700 vivendas protexidas no marco do novo PXOM
A concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, repasou a xestión en materia de vivenda e solo industrial en 2008, o exercicio no que se aprobou definitivamente a totalidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Esta aprobación permitiu ao Concello impulsar novos polígonos de vivenda protexida, un dos eixes do modelo de crecemento da cidade.
PLENO
Santiago únese a dúas novas redes de cidades
O Pleno ordinario do mes de febreiro ratificou a adhesión do Concello de Santiago a dúas novas redes de cidades: a Rede de Cidades pola Bicicleta e a Rede de Cidades do Camiño de Santiago.
EMPREGO
Promoción Económica solicitará á Consellería de Traballo unha subvención para o Obradoiro de Emprego Compostela Natural II
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo solicitará á Consellería de Traballo unha subvención de 1.321.894 euros para o Obradoiro de Emprego Compostela Natural II, despois de que a Xunta de Goberno aprobara o proxecto o 25 de febreiro. A proposta contempla o acondicionamento do campo da festa e a área recreativa de Nemenzo, a recuperación de espazos públicos en Vite e a construcción dun teatro de títeres móvil.
TRANSPORTES
Santiago contará en maio con tres taxis adaptados
O concelleiro de Transporte, Carlos Nieves, presentou en rolda de prensa as condicións para dotar ao Concello dos tres taxis accesibles previstos para este 2009. Sete taxistas xa manifestaron o seu interese en obter este tipo de licenza.
EDUCACIÓN
O Premio Literario Ánxel Casal estimula un ano máis a creación literaria en galego entre os máis novos
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presentou as bases da convocatoria da XIV edición do Premio Literario Ánxel Casal, nas súas modalidades de conto, poesía e teatro. O certame, dirixido ao alumnado dos centros de ensino secundario de Galicia, repartirá 5.100 euros en premios.
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo á licitación doutros 14 proxectos do fondo estatal
A Xunta de Goberno abriu o expediente de contratación de 14 proxectos máis dos financiados polo fondo estatal, que se suman aos 11 aprobados na anterior Xunta. Entre os aprobados nesta ocasión destacan os de reurbanización de nove rúas.
FESTAS
O Antroido despídese coa queima do Meco e tras un multitudinario desfile
O Antroido de Compostela acaba coa tradicional queima do Meco. Un día antes, no martes de Antroido, as beirarrúas enchéronse para poder ver o paso das diferentes carrozas e comparsas a concurso. O bo tempo puxo a guinda a unha xornada festeira.
ALCALDÍA
Especialistas de diversos países debaterán en Santiago sobre a infancia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á presidenta da Asociación Galega para a Docencia e Investigación sobre o Retraso Mental (A.Ga.D.I.R.) e profesora da Facultade de Psicoloxía da USC, María José Buceta. O obxecto deste encontro era falar sobre o Congreso Internacional sobre a Infancia "Avancemos con eles, o mundo da infancia a debate", que se celebrará en Santiago do 30 de abril ao 2 de maio.