CONSUMO
A OMIC ensina aos consumidores a elixir o seguro de automóbil máis axeitado ás súas necesidades
O concelleiro de Consumo, Xosé Baqueiro, presentou a nova guía editada pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC): Guía de Seguros: contratación-automóbil. Esta nova publicación amosa os principais elementos a ter en conta cando se contrata un seguro e constitúe unha axuda para saber elixir a póliza máis conveniente segundo as necesidades.
XUNTA DE GOBERNO
Axudas para plantacións forestais e para a prevención de incendios
O Goberno local aprobou as bases para a outorgamento de axudadas económicas por dous conceptos: para plantacións forestais e para as rozas e talas co fin de previr incendios forestais. Destínanse 8.000 e 7.000 euros, respectivamente, a cada unha destas convocatorias.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello cede unha parcela á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple
A Xunta de Goberno aprobou a concesión dunha parcela á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) para un centro social e de rehabilitación. Ademais, deuse o visto bo ao convenio entre o Concello e a USC para a concesión do Premio de Ensaio Xohana Torres.
ALCALDÍA
Douscentos oitenta traballos optan ao II Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
O 2 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, darase a coñecer o veredicto do xurado do II Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, un certame organizado pola Concellería de Educación en colaboración con Kalandraka. Nesta edición presentáronse 280 traballos de moi diversas procedencias.
CONSORCIO
En marcha a segunda edición do Premio Fonseca de divulgación científica
O Premio Fonseca de divulgación científica deuse a coñecer en 2008 ao outorgárselle na súa primeira edición ao científico británico Stephen Hawking. En 2009, este galardón de proxección internacional volve retomar a súa andaina coa posta en marcha da súa segunda convocatoria.
TRANSPORTES
TUSSA formula as contas do exercicio 2008, saldadas con resultado positivo
O Consello de Administración de TUSSA, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acordou formular as súas contas anuais do exercicio 2008 e a proposta de distribución do resultado.
COMERCIO
O comercio compostelán celebrou a súa gala anual
O Teatro Principal acolleu a IV Gala do Comercio, Compostela capital de compras. O evento recoñeceu unha edición máis a importancia deste sector para a cidade e foi unha oportunidade para fortalecer os lazos entre os comerciantes composteláns.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas por máis de tres millóns de euros outras oito obras das incluídas no Fondo de Inversión Local
En sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno adxudicou outras oito obra e proxectos dos financiados a cargo do Fondo de Inversión Local. En total, estas obras suponen un investimento de 3.316.610 euros máis IVE.
TURISMO
Compostela será a sede da Rede de Cidades do Camiño de Santiago
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asinará o luns 30, ás 17:00 horas, no Mosteiro de San Juan de Burgos –antigo hospital de peregrinos- os estatutos da Rede de Cidades do Camiño de Santiago. Con este acto quedará constituída esta Rede de Cidades do Camiño de Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Cursos, cinema, charlas, obradoiros e exposicións no Plan de Dinamización do CSC de Marrozos para a primavera
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o domingo 29, no CSC de Marrozos, o Plan de Dinamización deste Centro Sociocultural.