CULTURA E MEDIO AMBIENTE
A Bibliopiscina clausurouse cunha festa no Multiusos do Sar e cun balance de máis de 2.000 empréstitos
A Bibliopiscina, unha iniciativa enmarcada dentro do programa de actividades Vive o Verán!, organizado polas concellarías de Cultura e Centros Socioculturais e de Medio Ambiente, pechou ata o próximo verán. E para rematar cun bo sabor de boca, a carpa pechou ao público cunha festa especialmente pensada para os máis pequenos, na que puideron gozar de balde de diversas actividades de lecer.
EMPREGO
Vinte e catro persoas usuarias do Proxecto Crear VI accederon xa ao mercado laboral
24 persoas (12 mulleres e 12 homes) das 100 que participan no Proxecto Crear VI, que desenvolve desde o 7 de xullo a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, accederon xa ao mercado laboral. Outras 13 persoas (cinco mulleres e oito homes) están realizando prácticas en cinco empresas.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu ao atleta compostelán Pedro Nimo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao atleta compostelán Pedro Nimo, tras a súa recente participación na maratón do Mundial de Atletismo en Berlín.
MOBILIDADE
Entran en funcionamento os novos tres taxis adaptados, os primeiros dos oito previstos ata 2017
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou na praza do Obradoiro os tres primeiros taxis adaptados, a disposición xa dos usuarios. Son os previstos no calendario de incorporación deste tipo de vehículos ata 2017, ano no que Santiago contará con oito taxis accesibles.
ALCALDÍA
A Escola Infantil do polígono do Tambre, lista para a súa apertura
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a Escola Infantil do polígono do Tambre estará lista o luns 7 de setembro para a apertura do curso 2009-2010. Esta será a cuarta escola infantil que entre en funcionamento en Santiago, despois das de Fontiñas, Conxo, e San Roque. A continuación virán as da praza da Constitución e a de Salgueiriños.
CULTURA
O Festival dos Abrazos despídese dos espazos singulares de Compostela cunha romaría urbana no parque de Vista Alegre
O Festival dos Abrazos 2009, Crea(c)ción en Aberto, finaliza o sábado 29 en Compostela despois dun mes no que encheu de actividades culturais as rúas, as prazas e os parques da cidade. A mostra poralle punto e seguido á súa segunda edición a partir das doce da mañá, no parque de Vista Alegre, cunha romaría urbana e creativa. Nesta romaría, chamada Festa da Crea(c)ción, haberá teatro, música, comida, bebida e, sobre todo, a reivindicación unha vez máis dos lugares singulares de...
ALCALDÍA
O alcalde compostelán denuncia decisións aeroportuarias da Xunta que "van contra os intereses de Santiago e de Galicia"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa preocupación polas decisións que o Goberno autonómico está a tomar en materia aeroportuaria e de promoción das liñas de baixo custo. Así, denunciou "a falta de decisións que está a provocar que compañías importantes tomen decisións como a de instalarse en Porto".
EDUCACIÓN
Última visita didáctica á exposición "Chaplin en imaxes"
A exposición Chaplin en imaxes, situada na igrexa da Universidade dende o 16 de xullo, pecha as súas portas o domingo 30 de agosto. Un día antes, realizarase a última visita didáctica, na que participará un grupo de mozos e mozas do Concello de Bergondo.
EMPREGO
Cento trinta e seis persoas reciben formación por internet a través da Plataforma Máis Compostela
Un total de 136 persoas está recibindo formación por internet a través da Plataforma de formación maiscompostela, posta en marcha o 29 de xullo pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. En total estanse impartindo 13 cursos on-line, pertencentes ao Plan de Formación 2009, que contan con 200 prazas.
ALCALDÍA
As obras de reurbanización están a transformar a rúa Londres nun moderno bulevar urbano
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta mañá as obras reurbanización da rúa Londres, en Fontiñas, financiadas polos Fondos de Inversión Local (FIL). Estas obra segue o modelo da xa reformada rúa Berlín, afecta a un tramo de 550 metros de lonxitude e supón un investimento de case 2,5 millóns de euros.