RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Policías de 13 países iberoamericanos debaten sobre os delitos informáticos
Representantes policiais de 13 países expertos na investigación de delitos a través da rede participan no VI Foro Iberoamericano de Encontro de Ciberpolicías. O seu programa de actos incluíu unha visita ao Concello.
XUVENTUDE
O Ciclo Importa trae a Santiago a Sizzla, Skye Edwards e Jello Biafra
O Ciclo Importa continúa a traer á cidade a artistas e grupos de renome internacional, en concertos únicos en Galicia e mesmo en España. Como anticipo do que chegará en 2010, os tres últimos meses de 2009 traerán as actuacións de Sizzla, Skye Edwards e Jello Biafra.
URBANISMO
Visita dunha delegación de arquitectos e urbanistas de Santiago de los Caballeros
Un grupo de dez arquitectos e urbanistas de Santiago de los Caballeros está a visitar Compostela. A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, recibiunos en Raxoi.
ALCALDÍA
Turespaña apoiará a promoción internacional de Santiago de cara ao 2010
No proceso de negociacións iniciado na procura de apoios para a promoción de Santiago de Compostela dentro do evento do Xacobeo 2010, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo en Madrid dúas reunións co director xeral de Turespaña, Antonio Bernabé.
ALCALDÍA
Dúas novas publicacións divulgan o pensamento político de Eugenio Granell
Presentáronse na Residencia de Estudantes de Madrid dúas novas publicacións que teñen como protagonista a figura de Eugenio Granell. As obras levan por título Eugenio Granell: correspondencia cos seus camaradas del POUM e Artículos políticos de Eugenio Granell.
DEPORTES
Xacobeo Blu:sens e Dínamo de Moscú disputan o I Trofeo Concello de Santiago de Baloncesto
Presentouse en San Lázaro o I Trofeo Concello de Santiago de Baloncesto, que se celebrará o xoves 1 de outubro, ás 21:00 horas, no Multiusos Fontes do Sar. O partido enfrontará ao Xacobeo Blu:sens co Dínamo de Moscú.
CULTURA
"Silencio", da compañía Clara Andermatt, chega ao SCQ Danza
Silencio, unha creación da compañía portuguesa Clara Andermatt, achegará de novo a danza ao escenario do Teatro Principal. Será ás 21:00 horas do xoves, 1 de outubro, na que será a quinta e penúltima cita do ciclo SCQ Danza para 2009.
DEPORTES
O Club Ciclista Aquagest presentou o equipo para a temporada de ciclocrós 2009-2010
O Club Ciclista Aquagest presentou o equipo que disputará a temporada de ciclocrós 2009/2010. O club está patrocinado por Aquagest e conta coa colaboración do Concello de Santiago e da Fundación Compostela Deporte.
DEPORTES
VIII Camiñada ao Monte Pedroso
O domingo 4 de outubro celébrase a VIII Camiñada ao Monte Pedroso, organizada polo Club Deportivo Fontiñas. A saída será as 10:00 horas dende a praza do Obradoiro, onde os participantes deberá está ás 9:30 horas para formalizar a inscrición.
ALCALDÍA
Unhas mil persoas velarán cada día pola seguridade e atención dos visitantes durante o Xacobeo 2010
O Concello acolleu a reunión da Xunta Local de Seguridade na que se presentou o Plan Director de Seguridade do Xacobeo 2010. Entre outras medidas, acordouse a constitución dunha comisión de seguimento, con representantes das tres administracións e da Igrexa, integrada á súa vez por tres órganos que supervisarán o volume de efectivos dispoñibles e as necesidades de cada momento.